Centro de Formación de Audiovisuais (CFA) » Proxectos dos alumnos » REPORTAXES » 2012

24/05/2012
Sing Xtreme

Reportaxe realizada por alumnos do primeiro curso de Realización de Audiovisuais e Espectáculos. A provincia de Lugo é amplamente coñecida pola súa tradicional gastronomía e as súas paisaxes naturais. Pero pouca xente sabe as posibilidades que ten como localización para a práctica de deportes de aventura. Surf, escalada ou mountain bike son algúns dos deportes que practicaremos mentres coñecemos a nosa contorna natural.



24/05/2012
Wonder Walls

Reportaxe realizada por alumnos do primeiro curso de Realización de Audiovisuais e Espectáculos.
A cultura do Graffitti cada vez ten máis adeptos na nosa provincia. Un exemplo é a nova empresa de Concepto Circo, referente da cultura Hip Hop Lucense que distribúe os seus deseños en diferentes soportes.



24/05/2012
Ortorexia

Reportaxe realizada por alumnos do primeiro curso de Realización de Audiovisuais e Espectáculos.
A Ortorexia constitúe un trastorno alimenticio derivado dun trastorno obsesivo compulsivo no que o individuo obsesiónase coa selección correcta dos alimentos. Marcas, calorías, derivados e posibles sustancias nocivas para o seu organismo



24/05/2012
Preescolar na Casa

Reportaxe realizada por alumnos do primeiro curso de Realización de Audiovisuais e Espectáculos.
Preescolar na Casa supuxo unha revolución para a educación e formación de nenos en contornas complicadas. A posible supresión deste servizo indignou á sociedade galega. Repasamos cos seus traballadores e algunhas familias a gran achega deste formato educativo.



24/05/2012
Tris Tras

Reportaxe realizada por alumnos do primeiro curso de Realización de Audiovisuais e Espectáculos.
Lugo é unha cidade Máxica. Mago Rafa eSuso Carreira son algúns dos nosos protagonistas. Dúas empresas demostran a crecente afección da maxia na nosa cidade. Ás de Trévol e Mesón do Forno, onde se celebra cada ano a actuación dalgún dos mellores magos do Mundo...






Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet