lunes, 12 de diciembre de 2011
30 estudantes da Escola de Imaxe e Son participarán na gravación dentro da aposta do centro por completar a súa formación práctica e facilitar a inserción laboral
Co material obtido realizarase un DVD para difundir a iniciativa coa que a Deputación, Concello e a Asociación de Autónomas impulsan o comercio da cidade cara o Nadal
Xunto a esta, son 51 as asociacións e empresas lucenses coas que está a colaborar a TIC para impulsar o seu labor. A última incorporación foi a Sociedade Micolóxica Lucus

Leer máis

miércoles, 23 de noviembre de 2011
A entidade aproba un orzamento de 2,5 millóns de euros, 1 millón máis que o ano pasado, grazas ós fondos europeos
Na súa nova andaina, o 1º Centro de Innovación Social en Galicia centrarase na 3º idade para mellorar a súa calidade de vida mediante as novas tecnoloxías, e nos mozos co fin de facilitar a súa inserción laboral
Por cuarto curso consecutivo manterase a gratuidade da matrícula na Escola de Imaxe e Son e aumentarase o programa de bolsas de formación para titulados
Toman posesión os novos Patronos representantes dos tres grupos políticos presentes na Corporación

Leer máis

lunes, 17 de octubre de 2011
Esta actuación é froito dun convenio que asinaron Gómez Besteiro e Beatriz Varela e que se engade á subvención de 46.000 euros para o portal web das empresarias, ó asesoramento tecnolóxico que lles finanza a Deputación, á dotación de equipamento informático e ó co-financiamento do arranxo do seu local social
A TIC impulsa o labor doutras 50 asociacións e empresas tecnolóxicas mediante traballos audiovisuais nos que sempre colaboran os estudantes do único centro en Lugo que imparte ensinanzas da rama audiovisual, facilitando a súa inserción laboral
Os 23 comerciantes lucenses que participaron na 2º Feira Outlet impulsada por Deputación e Concello de Lugo, en apoio á Asociación de Autónomas, Empresarias e Profesionais, acadaron un volume de negocio próximo ós 100.000 euros en só 3 días

Leer máis

martes, 11 de octubre de 2011
Os Presidentes da Fundación TIC e de Cantar Delas asinaron un convenio mediante o cal alumnos da EIS realizarán proxectos audiovisuais para completar a súa formación práctica e promocionar a actividade do primeiro coro de voces brancas creado en Lugo

A TIC incrementou este ano en máis dun 400% os acordos con diferentes colectivos de Lugo en apoio a súa actividade e co obxectivo de facilitar a inserción laboral dos estudantes do único centro da provincia que imparte ensinanzas do sector audiovisual

A 1ª das actuacións, terá lugar o 19 de novembro, na Igrexa de San Pedro, en Lugo. Trátase do IV Concerto de Outono, cuxo repertorio incluirá pezas do músico lucense Xoán Montes

Leer máis

martes, 11 de octubre de 2011
O Presidente Provincial e o produtor artístico e ex membro de Siniestro Total Segundo Grandío inauguraron o curso académico 2011-2012, para o que se cubriron todas as prazas en xuño
Besteiro subliñou o esforzo da Deputación por facilitar o máximo acceso ó ensino mantendo por terceiro ano a gratuidade da matrícula, fronte “ós recortes que determinadas administracións aplican á Educación”
Grandío, ex membro de Siniestro Total e fundador dos estudos Casa de Tolos, compartiu cos alumnos da EIS as súas experiencias nos diversos eidos do sector audiovisual polos que discorre a súa traxectoria profesional

Leer máis

martes, 11 de octubre de 2011
Gómez Besteiro afirma que “dende a TIC tamén facemos lucensismo dando a opurtunidade ós lucenses de amosarnos orgullosos do noso”
Alumnos da EIS, baixo a supervisión de técnicos, gravan opinións sobre Lugo que poderán verse na web www.fundaciontic.org
A TIC contribúe á promoción dos produtos autóctonos, xa que todas as persoas que visiten a carpa reciben un lote de Lugo Sabe, a marca de garantía de calidade da Deputación, e que obtiveron sen custe algún, máis de 30 empresas lucenses

Leer máis

domingo, 25 de septiembre de 2011
O Presidente interveu no acto, aberto ó publico, e no que se recoñece o labor de promoción de Lugo que está a realizar o actor de prestixio internacional
A elaboración do vídeo, no que participarán bolseiros da Escola de Imaxe e Son, é froito do convenio da TIC coa Federación de Asociacións de Veciños da provincia
A Fundación tamén difundirá os oficios tradicionais do rural coa gravación da primeira xornada sobre Migración e Indianos en Santaballa

Leer máis

miércoles, 21 de septiembre de 2011
Bolseiros da EIS participarán na gravación das primeiras Xornadas sobre Migración e Indianos que organiza esta fin de semana a Liga Santaballesa de Vilalba

Leer máis

miércoles, 21 de septiembre de 2011
O vídeo enmárcase no convenio asinado entre a TIC e a Fundación de Pazos e Feiras e Exposicións de Lugo para promocionar o evento que, dende o 21 ó 23 de setembro, convertirá a Lugo na sede mundial do xamón.

O traballo audiovisual recollerá as poñencias dos especialistas e as novidades desta VI edición: o“ Show Cooking” que se terá lugar nos xardíns do Pazo Provincial e na Praza de San Marcos coincidindo coa súa inauguración, así como as rutas do Km0

Bolseiros da Escola de Imaxe e Son participarán na elaboración do DVD, incrementando a súa formación práctica e real co fin de facilitarlles a inserción laboral

Leer máis

jueves, 15 de septiembre de 2011
Gómez Besteiro anuncia que “a Fundación continuará apoiando ós xóvenes talentos da provincia que dispoñen de poucos recursos para dar a coñecer os seus traballos”.

O grupo de folk preséntase neste vídeo con 4 temas gravados na Casa do Cabazo e en diversos lugares da contorna do Incio

Leer máis

jueves, 21 de julio de 2011
Un equipo de profesionais e bolseiros, que remataron os seus estudos na EIS, grabaron o proxecto “A Escola dos Avós”, que amosa a infancia no rural e a ensinanza educativa de principios do século XX. Regina Polín deu a coñecer o traballo audiovisual, impulsado pola UNED Senior, nun acto de confraternidade que contou con máis dun cento de asistentes

Leer máis

martes, 12 de julio de 2011
Máis de 50 persoas formularon a súa preinscrición para optar a unha das 44 prazas nos ciclos de “Produción” e “Realización de Audiovisuais, Radio e Espectáculos”
Hoxe publicanse a listaxe de admitidos para que, dende o vindeiro xoves e ata 22 de xullo, realicen sen custe algún e en horario de mañá a matrícula na sede do centro
As persoas en lista de espera terán unha nova oportunidade de estudar na EIS en setembro ó abrirse de novo o prazo de inscrición tendo en conta as posibles baixas
O éxito de convocatoria prodúcese dende 2009 logo de que o Goberno provincial establecese a matrícula gratuíta e incrementase nun 300% as prácticas en empresas

Leer máis

viernes, 24 de junio de 2011
O Presidente da Fundación, Gómez Besteiro e a concelleira de cultura, Esther Muñoz clausuraron ó acto e destacaron a importancia de contar coa presenza do lucense Antonio Mourelos, un dos rostros da ficción televisiva máis importantes de Galicia e un referente no audiovisual galego

O Presidente anuncioulles ós alumnos que 20 estudantes realizarán prácticas en empresas especializadas de tres países europeos grazas ó programa Leonardo da Vinci durante o segundo semestre de 2012

Leer máis

martes, 21 de junio de 2011
O Actor e Presidente da Academia Galega do Audiovisual será o padriño do curso 2010-2011.
As 18.00 horas proxectaranse os traballos dos alumnos deste ano e as 20.00 horas o Presidente da Fundación, José Ramón Gómez Besteiro, entregará os diplomas á 7ª promoción.

Leer máis

lunes, 20 de junio de 2011
Este esforzo económico da Fundación TIC tradúcese nunha elevada demanda, xa que os tres últimos anos cubríronse todas as prazas nas dúas modalidades ofertadas.
O prazo rematará o 8 de xullo. O 12 publicarase a listaxe de admitidos para formalizar a matrícula entre o 14-22, na sede do centro educativo en horario de mañá.
Dende o arranque da única escola de Imaxe e Son da provincia, preto de 260 alumnos cursaron os seus estudos nos ciclos de Produción e Realización, dotados con 2.000 horas lectivas e dous cursos académicos.
Regina Polín anuncia que a EIS vén de ser seleccionada polo Organismo Autónomo Programas Educativos Europeos, a través do cal 20 alumnos poderán completar a súa formación en empresas do sector en Portugal, Italia e Reino Unido .

Leer máis

lunes, 20 de junio de 2011
Besteiro visita esta tarde a gravación realizada por profesionais, alumnos e bolseiros da EIS, na que participan 70 lexionarios das Cohors III Lucensium
Este traballo audiovisual engádese ó CD musical gravado polos membros da Cohors nos estudos Miño Media do Corgo e patrocinado na súa totalidade pola Fundación TIC

Leer máis

jueves, 19 de mayo de 2011
Numerosos ribadenses asistiron á proxección de “La búsqueda” de Escala Drinker e “News conclusions” de Sun Face, que foron elaborados coa participación de alumnos e bolseiros da Escola de Imaxe e Son.

A TIC está a realizar outros dous clips e continuará a colaboración cos grupos musicais da provincia dos que xa recibíu numerosas peticións.

Leer máis

jueves, 12 de mayo de 2011
As actividades, gratuítas e dirixidas a tódolos públicos, comezarán ás 18:00 horas e incluirán xogos inchables, talleres para elaborar chapas e bandeirolas, unha pista de baile virtual ou un obradoiro que mostrará como ser cámara de televisión .

A Deputación ofrecerá ós asistentes embutidos, queixos, pan e derivados, e doces, entre outros artigos de alimentación autóctonos, cedidos de balde polas empresas que acadaron a marca de calidade Lugo Sabe creada polo organismo provincial

Ás 21.00 horas empezará a retransmisión en directo do Festival de Eurovisión en dúas pantallas xigantes instaladas nos xardíns e salón de actos de San Marcos, durante a que se farán numerosos sorteos

Leer máis

jueves, 05 de mayo de 2011
O organismo dependente da Deputación aproba as contas do pasado ano cun grao de execución que supera o 97%, e que ascenden as máis de 1,5 millóns de euros.
En 2010 incrementouse en máis dun 300% o número de convenios de colaboración para a promoción económica, cultural e deportiva da provincia.
A Fundación contribúe a difundir e dar a coñecer o labor desenvolvido pola ONG Cova da Terra coa elaboración dunha reportaxe polo seu 15 aniversario.

Leer máis

jueves, 05 de mayo de 2011
Os bolseiros e técnicos da TIC elaboraron unha reportaxe sobre as actividades desta ONG durante estes anos

Leer máis

lunes, 02 de mayo de 2011
Unha elevada asistencia marcou as Xornadas sobre Turismo Cinematográfico promovidas pola Deputación co obxetivo de dinamizar o turismo
Os alumnos da Escola de Imaxen e Son da Fundación TIC foron os encargados de elaborar o “movie map” do filme “Romasanta”

Leer máis

viernes, 29 de abril de 2011
A colaboración inclúe a participación de alumnos da EIS para a súa formación práctica e futura inserción laboral. A iniciativa tamén contribúe á promoción deste festival e dos seus participantes

Leer máis

martes, 26 de abril de 2011
O programa km0, promovido pola Deputación de Lugo, permitiu que a asociación Amigos da Feira de Castro de Rei coñecese o traballo realizado no Centro de Produción de Programas da TIC

Leer máis

martes, 26 de abril de 2011
Uns 55 alumnos do colexio de Educación Infantil e Primaria Juan Rey de Lorenzá coñeceron a labor desempeñada na TIC mediante o programa km0, dependente da Deputación Provincial

Leer máis

martes, 26 de abril de 2011
No marco das visitas promovidas pola Deputación de Lugo mediante o programa km0, xa na súa terceira edición, os estudantes do colexio Antonio Fernández Lopez visitaron o Centro de Produción de Programas da Fundación TIC

Leer máis

miércoles, 20 de abril de 2011
Os alumnos da Escola de Imaxe e Son elaboraron o primeiro “movie map” da comunidade galega, no que se sinalizan os lugares do Courel e A Fonsagrada nos que se gravou o filme “Romasanta”
Este proxecto presentarase nas primeiras Xornadas sobre Turismo Cinematográfico, organizadas polo organismo provincial, a través da Fundación TIC, entre os días 28 e 30 de Abril
Co encontro, a Deputación pon en marcha unha nova ferramenta de dinamización da economía lucense consistente en organizar rutas polos puntos da provincia nos que se realizaron rodaxes

Leer máis

martes, 19 de abril de 2011
A colaboración inclúe a participación de alumnos e bolseiros da EIS para a súa formación práctica e futura inserción laboral. A iniciativa tamén contribúe á promoción de grupos musicais da provincia que non dispoñen de recursos para dar a coñecer os seus traballos. Os escenarios foron a Casa do Cabazo e a contorna de O Incio.


Leer máis

miércoles, 20 de abril de 2011
O proxecto inclúe a participación de alumnos e bolseiros da EIS para a súa formación práctica e futura inserción laboral. A iniciativa tamén contribúe á promoción de grupos musicais da provincia que non dispoñen de recursos para dar a coñecer os seus traballos. A gravación fíxose nas instalacións do Centro de Produción de Programas da Fundación TIC

Leer máis

viernes, 15 de abril de 2011
Varios alumnos do CEIP de Lagostelle de Guitiriz visitaron o Centro de Produción de Programas da Fundación TIC

Leer máis

viernes, 15 de abril de 2011
A terceira edición do programa km0, dependente da Deputación, permitiu os estudantes do CEIP Vista Alegre coñecer as labores realizadas pola Fundación TIC

Leer máis

viernes, 15 de abril de 2011
O proxecto inclúe a participación de alumnos e bolseiros da EIS para a súa formación práctica e futura inserción laboral. A iniciativa tamén contribúe á promoción de grupos musicais da provincia que non dispoñen de recursos para dar a coñecer os seus traballos. A gravación fíxose nas rúas de Lugo e contou ca colaboración da perruquería Aluma

Leer máis

miércoles, 13 de abril de 2011
O alcalde viveirense, Melchor Roel, e o portavoz dos organizadores, Fabio Fernández, presentaron o mércores 13 de Abril o certame na Fundación
Un equipo de alumnos e profesionais da TIC gravará os concertos que serán ofrecidos polas bandas

Leer máis

lunes, 11 de abril de 2011
O Presidente da Deputación participou na presentación da mediametraxe “O Legado Migratorio Santaballés”, gravada pola produtora Imaxina en colaboración con 6 bolseiros da Escola de Imaxe e Son da institución provincial
75 veciños da parroquia vilalbesa son os protagonistas da rodaxe que recrea a traxectoria da escola habaneira creada polos antepasados desta localidade que estiveron en Cuba

Leer máis

lunes, 11 de abril de 2011
Os estudantes do centro, dependente da Deputación, participaron o venres 9 de Abril no Pazo de San Marcos nunha mesa redonda cos aspirantes ós premios na categoría de realización
A iniciativa forma parte do programa Encontros, organizado pola Academia Galega do Audiovisual como preámbulo á gala de entrega dos galardóns, que se celebrará o 17 de abril en Ourense

Leer máis

lunes, 11 de abril de 2011
Os traballos audiovisuais, realizados pola TIC, recollen a tradición de dúas das festas patronais máis emblemáticas do concello, as de Santiago de Dorra e Santa Mariña

Leer máis

lunes, 11 de abril de 2011
Alumnos da Escola de Imaxe e Son da TIC e técnicos desta Fundación participaron nos traballos de gravación do evento. Previamente membros da Produtora da Fundación posibilitaron a creación duns vídeos de presentación dos diseñadores lugueses que se proxectaron no acto

Leer máis

martes, 05 de abril de 2011
Os rapaces do CEIP de Riotorto participaron no programa Km0, realizado pola Deputación de Lugo para promocionar a provincia entre os propios lucenses e para achegalos os lugares únicos que posue o noso entorno

Leer máis

lunes, 04 de abril de 2011
O programa km0, promovido pola Deputación de Lugo, permitiu que a Asociación de festas de Navia de Suarna coñecese o traballo realizado no Centro de Produción de Programas da TIC

Leer máis

lunes, 04 de abril de 2011
Gómez Besteiro participou na proxección dos 2 traballos audiovisuais realizados na súa totalidade polos rapaces da promoción 2009-2011

Leer máis

martes, 29 de marzo de 2011
O Concello de Sarria, en cooperación coa Fundación TIC, empezou a gravar os vídeos promocionais da vila, que se colgarán na súa páxina web
Esta colaboración súmase os máis de 25 convenios que a TIC ten asinados con distintos tipos de organizacións, e que supuxo un incremento dun 300% nestas actividades

Leer máis

miércoles, 23 de marzo de 2011
No marco das visitas promovidas pola Deputación de Lugo mediante o programa Km0, xa na súa terceira edición, os estudantes do colexio Casas visitaron o Centro de Produción de Programas da Fundación TIC

Leer máis

lunes, 21 de marzo de 2011
O Presidente da Deputación, o Concelleiro de Deportes e o Presidente da entidade deportiva presentaron os audivisuais nos que participaron os bolseiros da EIS
Durante o último ano, o organismo provincial incrementou en máis dun 300% a colaboración con asociacións sen ánimo de lucro. Nestes momentos, a TIC ten asinados convenios con 26 organizacións

Leer máis

viernes, 04 de marzo de 2011
A colaboración inclúe a participación de alumnos e bolseiros da EIS para a súa formación práctica e futura inserción laboral. A iniciativa tamén contribúe á promoción de grupos musicais da provincia que non dispoñen de recursos para dar a coñecer os seus traballos. Os escenarios foron as instalacións do antigo hospital de Castro, a EIS e o Parque Rosalía

Leer máis

jueves, 03 de marzo de 2011
O programa km0 permitiu os alumnos do CIP Cervantes descubrir o traballo que se está a realizar nas instalacións da Fundación TIC

Leer máis

lunes, 21 de febrero de 2011
Técnicos e alumnos fan posible a retransmisión do encontro entre o Xacobeo 2010 Ribeira Sacra e o Cuesta Piedra Santa Cruz de Tenerife

Leer máis

jueves, 17 de febrero de 2011
A Fundación TIC colabora co instituto focense para promocionar as ensinanzas da rama de Hostalaría

Leer máis

miércoles, 09 de febrero de 2011
Os estudantes do Centro Público Integrado Santome do Carballo de Taboada visitaron a TIC para coñecer de preto o traballo realizado nestas instalacións adicadas a produción de programas

Leer máis

lunes, 31 de enero de 2011
A Fundación TIC apoia a candidatura das "Danzas de Cervela" para que sexan declaradas espectáculo de Interese Turístico Nacional

Leer máis

jueves, 20 de enero de 2011
A rodaxe da cinta, que forma parte da programación do centro educativo como proxecto de fin de curso, desenvolverase ata o xoves en San Xulián de Pereiramá, Pena e Uriz.

Leer máis

martes, 11 de enero de 2011
Gómez Besteiro asina novos acordos con representantes de 9 empresas, que incorporaron con éxito as novas tecnoloxías nos seus modelos de negocio, para difundir as súas actividades a través de vídeos promocionais
O Presidente subliña que “con estas colaboracións contribuimos á inserción laboral dos nosos antigos alumnos e fomentamos o uso das novas tecnoloxías no tecido industrial da provincia”

Leer máis

martes, 28 de diciembre de 2010
Gómez Besteiro asina os convenios de colaboración cos representantes destes colectivos, que se suman ós doce subscritos o mes pasado con entidades deportivas da provincia
En 2010 a Fundación TIC incrementou en máis dun 300% a cooperación con estas asociacións e empresas do sector audiovisual, nas que os estudantes e titulados adquiren a experiencia necesaria para acceder ó mercado laboral

Leer máis

martes, 14 de diciembre de 2010
- A Deputada e membro do Padroado do organismo dependente da Deputación e a Concelleira de Xuventude fixeron entrega dos diplomas ós 15 participantes da acción formativa, incluída na programación de Lugo 10
- Tras 50 horas de formación práctica e teórica, os cursillistas realizaron unha curta, duns seis minutos, titulada Si las piedras se hablasen que proxectaron na entrega

Leer máis

lunes, 29 de noviembre de 2010
Preto de 30 traballos audiovisuais e musicais presentaronse ó certame co que Deputación e Concello promocionan a Muralla polo seu 10º aniversario como Patrimonio da Humanidade

Leer máis

jueves, 11 de noviembre de 2010
O Padroado da Fundación aprobou o Orzamento de 1,5 millóns de euros, mantendo o mesmo esforzo que nos dous exercicios anteriores

A Fundación audiovisual dará apoio ó centro de innovación empresarial In Lugo que a Deputación está a construír no andar superior do mesmo edificio da TIC, na rúa Frai Plácido Rey Lemos

Gómez Besteiro destaca que “a inserción laboral dos alumnos segue a ser a nosa máxima e, un ano máis, a pesar de que recortes témolos todos e non só a Xunta de Galicia, manteremos a gratuidade das matrículas na Escola”

Leer máis

jueves, 21 de octubre de 2010
A terceira edición do programa km0 pemite que distintos colectivos coñezan máis de preto a nosa provincia e as instalacións pertencentes a Deputación de Lugo, como a Fundación TIC

Leer máis

miércoles, 13 de octubre de 2010
Seguindo coas visitas promovidas pola Deputación de Lugo mediante o programa Km0, xa na súa terceira edición, varios veciños de Rábade coñeceron de preto o Centro de Produción de Programas da Fundación TIC.

Leer máis

jueves, 09 de septiembre de 2010
Máis de cincuenta veciños de O Corgo participaron no programa Km0, realizado pola Deputación de Lugo para promocionar a provincia de Lugo entre os propios lucenses e para achegalos a tódolos lugares únicos que posue a nosa provincia

Leer máis

viernes, 30 de julio de 2010
O Presidente da Deputación fixo entrega dunha copia do CD a todos os membros do centro educativo
Esta iniciativa é o resultado do convenio asinado o pasado mes de Abril polo organismo provincial e produtora monfortina CICLORAMA
Titulados da Escola de Imaxe e Son formaron parte do equipo técnico da empresa de producións artísticas a través do seu programa de bolsas remuneradas

Leer máis

jueves, 15 de julio de 2010
Gómez Besteiro destacou que “se trata dunha iniciativa eco-lóxica, porque loxicamente o futuro de Lugo pasa polo medio ambiente. É a nosa oportunidade económica”
Cada documental emitirase na canle Caza y Pesca de Digital+ en 39 ocasións ó longo de 3 anos. A estrea será o 26 de Xullo co programa adicado a Terras do Miño
A presentación contou con numeroso público entre o que estaban Alcaldes das 3 Reservas e empresarios destas zonas

Leer máis

lunes, 10 de mayo de 2010
Esta cantidade increméntase nun 42% con respecto a 2008, anualidade na que as contas sumaron 1.139.820 euros.
Gómez Besteiro subliña que “este incremento débese ó aumento no apoio ós Concellos, á prestación de servizos ás empresas e entidades sociais, e ás actividades dirixidas ó fomento do emprego dos nosos alumnos”.
O Centro de Proceso de Datos de Respaldo que garante o funcionamento dos 120 procedementos do Innova-TE ubicarase na Fundación “multiplicando por 10 a capacidade de acceso á Rede, e reforzando os servivos que presta a entidade”.

Leer máis

miércoles, 05 de mayo de 2010
O Presidente da Deputación e o Alcalde de Lugo presentan as bases do certame que ten a Muralla como tema central e está dotado con 9.000 euros en premios
Gómez Besteiro subliñou que “con este concurso promocionamos a Muralla e a provincia e fomentamos a creatividade da mocidade, favorecendo a súa inserción laboral”
A presentación contou coa presencia de varios grupos de música locais e a actuación de Zinc so!

Leer máis

miércoles, 21 de abril de 2010
Máis de 500 persoas abarrotaron o Círculo de las Artes de Lugo para presenciar este acto benéfico que conmemora o recoñecemento mundial da Muralla lucense como Patrimonio da Humanidade

O espectáculo, organizado pola Deputación e o Concello de Lugo, en colaboración coa tenda luguesa Dulce Locura, distribuiráse a 70 televisiones de España

O diseñador internacional Francis Montesinos; os novos talentos da Pasarela Cibeles Manuel Bolaño, Sara Lage e Maru Calderón; as Misses España María José Suárez e Raquel Rodríguez; xunto á popular actriz María Castro; foron os protagonistas da I Gala Muralla Moda 2010

Leer máis

miércoles, 24 de marzo de 2010
O Presidente da Fundación salienta que “estamos formando a futuros profesionais que entenden a potencialidade das novas tecnoloxías”.

“Fuga de descerebrados” e “Cero Veinte” foron elaborados por alumnos de 2º dos ciclos superiores de Realización e Produción.

Os equipos de rodaxe, alumnos e docentes da EIS asistiron á proxección das miniseries no Pazo de San Marcos.

Leer máis

martes, 02 de marzo de 2010
Alumnos do segundo curso da Escola de Imaxe e Son estiveron detrás das cámaras e no posto de realización na retransmisión do partido entre o Azkar Lugo e o Carnicer Torrejón que se celebrou o martes 2 de Marzo no Pazo Municipal dos Deportes

Leer máis

miércoles, 17 de febrero de 2010
A obra titulada 'Triste soledad de un violinista' está protagonizada pola cantante Soraya

Leer máis

lunes, 11 de enero de 2010
Na iniciativa, que se enmarca na liña de colaboración da Fundación cos Concellos da provincia, participaron bolseiros da Escola de Imaxe e Son.

A Gala, que emitirá en diferido a TVG, supuxo o arranque do programa do 10º aniversario do monumento como Patrimonio da Humanidade.

Leer máis

miércoles, 30 de diciembre de 2009
'Hitler, Garbo... e Araceli', que dirixiu José de Cora, presentouse en primicia na Deputación de Lugo ante a sociedade luguesa.
A Fundación TIC apoiou económica e tecnicamente na rodaxe, na que traballaron alumnos e bolseiros da Escola de Imaxe e Son

Leer máis

mércores, 13 de outubro de 2010
Veciños do concello de Rábade visitan a TIC

xoves, 9 de setembro de 2010
Veciños de O Corgo visitaron a Fundación TIC

venres, 24 de setembro de 2010
A Fundación TIC na Gala do Deporte de Guitiriz

martes, 21 de setembro de 2010
A Fundación TIC no Festival do Landro

martes, 21 de setembro de 2010
A Fundación TIC no festival solidario de Baganda

mércores, 10 de febreiro de 2010
Convócanse as axudas ao sector audiovisual

mércores, 16 de decembro de 2009
Nace o primeiro diccionario en galego das TIC

venres, 11 de decembro de 2009
Son de Lugo e non o nego

Sindicación de contidos



Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Productora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto