Videos


Anuncio Preinscripcion para a Escola da Fundación TIC



Programa Innov@te

Cabeceira de lanzamento realizada pola Fundación TIC para a xornada de lanzamento do programa tecnolóxico Innov@te
Máis información



I CONCURSO NACIONAL DE CORTOS Y MAQUETAS MUSICALES LUGO10

A Fundación TIC -dependente da Deputación-, en colaboración co Concello de Lugo, convoca o I Concurso Nacional de Curtametraxes e Maquetas Musicais Lugo10, dotado con 9.000 euros en premios.



Gala MurallaModa 2010

Resumo da visita a Lugo dos deseñadores como Francis Montesinos, modelos e participantes da Gala Murallamoda 2010 realizada dentro dos alctos de conmemoración do décimo aniversario da declaración da Muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade.



Videoclip de Lucía Pérez realizado pola Fundación TIC

Vídeo musical “Torres de Compostela” da cantante do Incio Lucía Pérez. Técnicos da Fundación e bolseiros da Escola de Imaxe e Son gravaronr
este proxecto grazas a un convenio de colaboración coa artista lucense.



Lucense nos Goyas 2010. Encontro con Maria Hervera.

Video do encontro-conferencia de María Hervera, que recibiu o premio Goya 2010 á mellor película documental por “Garbo, el hombre que salvó el mundo”, e os alumnos da Fundación TIC



Lucense nos Goyas 2010. Encontro con Arturo Vaquero.

Encontro realizado entre os alumnos da Fundación TIC e Arturo Vaquero, nominado á mellor canción orixinal por “Agallas vs. Escamas”



Alumnos da TIC realizaron para televisión o partido entre o Azkar e o Carnicer Torrejón

Alumnos do segundo curso da Escola de Imaxe e Son estiveron detrás das cámaras e no posto de realización na retransmisión do partido entre o Azkar Lugo e o Carnicer Torrejón que se celebrou o martes 2 de marzo no Pazo Municipal dos Deportes.



Gala Lugo 10. Parte II

Segunda parte do video da Gala conmemorativa dos 10 anos da declaración da Muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade e primeiro dos actos que se desenvolverán na cidade dentro do programa 'Lugo 10'



Gala Lugo 10 parte I

Gala conmemorativa dos 10 anos da declaración da Muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade e primeiro dos actos que se desenvolverán na cidade dentro do programa 'Lugo 10'



Rolda de prensa da programación de 'Lugo 10' na que colabora a Fundación TIC

O Alcalde de Lugo e o Presidente do organismo provincial presentaron a programación coa que se conmemora o 10º aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade.

Baixo a marca Lugo10 englobarase todo un programa de actos e actividades que se desenvolverán ao longo de todo o ano dirixidos á cidadanía en xeral e a potenciar a autoestima da cidade e a promocionala entre os visitantes.




Documental "Hitler, Garbo e Araceli"

Documental de dúas horas de duración no que colaborou a Fundación TIC e os seus alumnos. Forma parte da campaña emprendida para recuperar a figura histórica da lucense Araceli González, unha auténtica “Axente 007” pero natural da parroquia de Coeses e peza clave na historia do século XX.



Convenios da Fundación Tic

Presentación que recolle unha montaxe con diversos traballos realizados pola Fundacion TIC en colaboración con diversas Fundacións sen ánimo de lucro.



A inserción laboral dos alumnos da EIS, obxetivo prioritario da TIC para o 2010

O Presidente da Deputación e da Fundación TIC, Jose Ramón Gómez Besteiro expuxo en rolda de prensa os principais obxetivos da Fundación TIC para o ano 2010 tras producirse a reunión do Padroado que aprobou o Plan de actuación e os presupostos para o ano que ven.



Son de Lugo e non o nego

‘I’m from Lugo and don’t deny it’, con este lema a Fundación TIC e o diario el Progreso preguntaron aos lucenses e aos visitantes das festas de San Froilán que é o que máis lle gusta da cidade.






Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Productora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto