Escola de imaxen e son » Abertic

13/06/2012

Xornadas de Portas Abertas na Escola de Imaxe e Son

invitación ás xornada abertas da Escola de Imaxe e Soninvitación ás xornada abertas da Escola de Imaxe e Son

ABERTIC é unha xornada de portas abertas onde o visitante poderá coñecer todas as actividades que a Escola de Imaxe e Son de Lugo realiza ao longo do curso académico.

Haberá proxeccións continuas de todas as curtametraxes producidas e realizadas polos alumnos da EIS Lugo desde o 2004 ata hoxe, coa estrea das últimas catro curtas producidas este curso: DEVIL, ENFOQUES, EL JUEGO DE LA POLVORA e SIN SALIDA.

Contaremos con talleres de radio e televisión en directo onde o visitante poderá participar cos alumos na realización de exercicios practicos reais.

Tamén haberá representacións teatrais ao aire libre, a entrega dos Premios TIC aos mellores traballos elixidos polos alumnos, música en directo e máis sorpresas.

Todo aquel que se achegue a coñecernos nesta primeira edición do ABERTIC terá un agasallo moi especial: unha edición en DVD dos mellores traballos da EIS Lugo.

video promocional dal Xornadas


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet