Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas de Lugo » 2011

04/07/2011

Xornada en HD, o día 7 na Fundación TIC impartido por G. M. Provideo

imaxe da xornadaimaxe da xornada

Taller para coñecer todo sobre a gravación, volcado directo e edición en Full HD impartido por G. M. Provideo nas instalacións da Fundación TIC, aberto a todo o mundo pero con prazas limitadas.

O xoves 7 de xullo terá lugar na Fundación TIC unha xornada dedicada ao coñecemento do vídeo HD. A empresa G.M. Provideo, impartirá un taller sobre a gravación, volcado en directo e edición en Full HD onde presentará as últimas novedades. Esta empresa é lider no sector profesional de vídeo e audio e adícase a distribución, instalación e alugueiro de equipos audiovisuais e multimedia.

A xornada celebrarase en horario de maña de 11.00 a 14.00 horas e pola tarde de 16.00 a 18.00 horas no Centro de Produción de Programas da Fundación TIC, situado na Rua do Arco sen número, o novo acceso por detras do centro comercial As Termas.

As prazas de asistencia están limitadas, a inscrición pode realizarse na web de G.M. Provideo


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet