A Fundación TIC colabora no decimoquinto aniversario da Cova da Terra
imaxe do acto de aniversrio de Cova da TerraA directora do CPP da Fundación TIC, Margarita Soilán, acompañada da Concelleira de Benestar Social do Concello de Lugo, Carmen Basadre, presentaron a reportaxe elaborada por bolseiros e persoal técnico da Fundación TIC con motivo do 15 aniversario da ONG Cova da Terra, que amosa a historia desta organización, os seus comezos e as activiades desenvolvidas ó longo dos anos. Logo do visionado, fixose unha degustación de productos ecolóxicos e de comercio xusto que habitualmente se atopan na tenda. A Cova da Terra é unha ONG que traballa desde 1995 no eido do comercio xusto, vendendo produtos das cooperativas de países empobrecidos, sensibilizando e formando ós consumidoras do contorno máis próximo.