Obxectivos

Lugo Film Commission é unha oficina de promoción de rodaxes creada mediante convenio subscrito polo Consorcio Audiovisual de Galicia e a Fundación TIC promovida pola Deputación Provincial de Lugo.

A responsabilidade do seu funcionamento corresponde á Fundación TIC e os seus obxectivos son os seguintes:

Promover o territorio da provincia como espazo axeitado para a rodaxe e produción de todo tipo de obras de carácter audiovisual.

Tramitar os permisos de rodaxe.

Ofertarlles apoio loxístico aos produtores de ámbito nacional e internacional
pertencentes ao sector audiovisual.

Asesorar na busca de localizacións.

Proporcionarlle ao sector técnicos e servizos para a posta en marcha de
producións audiovisuais.

Facer o seguimento das rodaxes que se produzan en Lugo e a súa provincia.

Colaborar na formación dos alumnos da Escola de Imaxe e Son de Lugo
(CPR TIC)
.

Fomentar as actividades de formación audiovisual

Asistir e participar en eventos relativos á promoción e produción audiovisual e/ou coa promoción turística fomentando deste xeito o patrimonio cultural da provincia.

Colaborar co Consorcio Audiovisual de Galicia e outras entidades na realización de actividades relacionadas co sector audiovisual.

Elaborar informes ou memorias anuais sobre o desenvolvemento do sector
audiovisual na provincia.

Plan de Actividades de Lugo Film Commission

1. Rexistro da marca Lugo Film Commission na Oficina Española de Patentes e Marcas. Rexistros dos dominios web

2. Adecuación dos espazos e do soporte técnico relativo ao funcionamento da oficina.

3. Creación e mantemento dunha páxina web co obxectivo de promover os servizos ofertados pola Lugo Film Commission.

4. Establecemento de canles de comunicación e integración na rede de entidades de Film Commissión de carácter autonómico, estatal e internacional. Integración da Lugo Film Commission na asociación máis representativa a nivel estatal deste eido: a Spain Film Commission.

5. Formación do persoal necesario para a prestación dos servizos ofrecidos.

6. Presentación e posta en marcha da oficina da Lugo Film Commissión, así como desenvolvemento da súa imaxe corporativa.

7. Aplicación da imaxe corporativa na creación de material e documentación de oficina: sobres, folios, carpetiñas, solicitudes de permisos, etc.

8. Estrutura de elaboración de bases de datos que conteña información acerca de:
Produtoras audiovisuais (localización, producións realizadas,
dispoñibilidade para a coprodución, servizos que ofertan, etc.)

Organismos oficiais (localizacións, servizos, requisitos etc.)

Axudas específicas para rodaxes levadas a cabo en Galicia.

Empresas de aluguer de equipos e servizos audiovisuais.

Asociacións relacionadas con este sector.

Lexislación xeral e específica que se terá en conta para levar a cabo unha rodaxe.

E todas as demais que poidan relacionarse ou ter interese para a promoción das rodaxes en Lugo e que sirvan para dar resposta inmediata a calquera requirimento dunha empresa audiovisual interesada en rodar en espazos da nosa provincia.
9. Deseño e elaboración dun banco de imaxes que retrate todas as posibilidades que oferta Lugo e dea resposta ás demandas das produtoras sobre calquera tipo de localización, a súa situación xeográfica, modo de acceso, hoteis próximos, etc

10. Elaboración e firma de convenios ou acordos, a través da Fundación TIC e o Consorcio Audiovisual de Galicia, para facilitar a obtención e tramitación de permisos e servizos que ofertará a Lugo Film Commission.

11. Asinar convenios de colaboración con institucións vinculadas coa promoción da provincia e o desenvolvemento do sector turístico, cultural, social, económico e territorial.

12. Edición dun folleto e un DVD promocional da Lugo Film Commission.

13. Dar a coñecer as actividades que desenvolve e os servizos que presta a Lugo Film Commission a todas as entidades ou institucións da provincia de Lugo.




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet