Plan de Actividades de Lugo Film Commission
1. Rexistro da marca Lugo Film Commission na Oficina Española de Patentes e Marcas. Rexistros dos dominios web
2. Adecuación dos espazos e do soporte técnico relativo ao funcionamento da oficina.
3. Creación e mantemento dunha páxina web co obxectivo de promover os servizos ofertados pola Lugo Film Commission.
4. Establecemento de canles de comunicación e integración na rede de entidades de Film Commissión de carácter autonómico, estatal e internacional. Integración da Lugo Film Commission na asociación máis representativa a nivel estatal deste eido: a Spain Film Commission.
5. Formación do persoal necesario para a prestación dos servizos ofrecidos.
6. Presentación e posta en marcha da oficina da Lugo Film Commissión, así como desenvolvemento da súa imaxe corporativa.
7. Aplicación da imaxe corporativa na creación de material e documentación de oficina: sobres, folios, carpetiñas, solicitudes de permisos, etc.
8. Estrutura de elaboración de bases de datos que conteña información acerca de:
Produtoras audiovisuais (localización, producións realizadas,
dispoñibilidade para a coprodución, servizos que ofertan, etc.)
Organismos oficiais (localizacións, servizos, requisitos etc.)
Axudas específicas para rodaxes levadas a cabo en Galicia.
Empresas de aluguer de equipos e servizos audiovisuais.
Asociacións relacionadas con este sector.
Lexislación xeral e específica que se terá en conta para levar a cabo unha rodaxe.
E todas as demais que poidan relacionarse ou ter interese para a promoción das rodaxes en Lugo e que sirvan para dar resposta inmediata a calquera requirimento dunha empresa audiovisual interesada en rodar en espazos da nosa provincia.
9. Deseño e elaboración dun banco de imaxes que retrate todas as posibilidades que oferta Lugo e dea resposta ás demandas das produtoras sobre calquera tipo de localización, a súa situación xeográfica, modo de acceso, hoteis próximos, etc
10. Elaboración e firma de convenios ou acordos, a través da Fundación TIC e o Consorcio Audiovisual de Galicia, para facilitar a obtención e tramitación de permisos e servizos que ofertará a Lugo Film Commission.
11. Asinar convenios de colaboración con institucións vinculadas coa promoción da provincia e o desenvolvemento do sector turístico, cultural, social, económico e territorial.
12. Edición dun folleto e un DVD promocional da Lugo Film Commission.
13. Dar a coñecer as actividades que desenvolve e os servizos que presta a Lugo Film Commission a todas as entidades ou institucións da provincia de Lugo.