Produtora » Novas da Fundación TIC

10/03/2015

Alumnos de Realización e Produción da EIS participan con dez obras na VII Semana do Teatro da Fundación TIC

  • archivos/fotos/grandes/2309_D77K1585.JPG

  • archivos/fotos/grandes/2309_D77K1587.JPG







- Os estudantes interpretan e realizan as súas propias obras onde conviven distintos subxéneros como a comedia, o musical ou os espectáculos con proxeccións
- O obxectivo é realizar unha práctica onde se implica toda a EIS e así traballar en grupo atendendo ás distintas funcións necesarias para levar adiante a programación

Os alumnos de 1º e 2º de Realización e de 2º de Produción da Escola de Imaxe e Son (EIS) participan na VII Semana do Teatro da Fundación TIC que comezou onte e remata hoxe. O plató do Centro de Produción de Programas da TIC é o lugar onde se representan as obras elixidas para o encontro.
A través desta actividade únense tres módulos de estudio para representar, dirixir, producir e realizar obras de teatro. Os alumnos dos módulos de Planificación da Rexedoría e de Xestión de Espectáculos e Eventos poñen en escena as obras escritas e dirixidas por eles mesmos, mentres que os de Procesos de Realización de Televisión se encargan da gravación, facendo así unha práctica de realización.
Este ano son dez as pezas que se representarán durante as dúas xornadas da mostra e nas que, ademais dos alumnos, colaboran actores profesionais e a academia de baile Star Dance. As representacións son moi variadas: teatro de sombras, comedia, espectáculos con proxeccións, musical, recitado ou baile. Os títulos: “Rimas y cámaras”, “Jesucristo Superstar”, “Luces para contar”, “Shadows Film Tribute”, “Pero da Ponte”, “Me gustaría tener una discusión” “Fight Club”, “Festival ANCLA”, “Danza de la lluvia” e “Stuart el vanidoso”.
Actividades extraescolares
O proxecto educativo da EIS ten como eixo fundamental a combinación de formación teórica e práctica en contextos e escenarios reais, o que permite vincular directamente a formación dos alumnos ás necesidades e esixencias das empresas do sector audiovisual. Dende o inicio da actividade da EIS, no ano 2003, máis de 290 alumnos cursaron os seus estudos de Produción e Realización.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet