Produtora » Novas da Fundación TIC

11/09/2014

A TIC proxectará o 16 de setembro no MIHL a curtametraxe Miranda, mítica e real con motivo da Semana de Cine de Autor

-O documental, que descobre a realidade da mítica Miranda, onde o escritor Álvaro Cunqueiro sitúa a narración de Merlín e familia, poderá verse ás 20.00 horas
-Bolseiros da TIC tamén realizaron do spot promocional do certame que se proxectará antes do pase de cada película

A Fundación TIC proxectará o vindeiro 16 de setembro no MIHL a curtametraxe documental Miranda, mítica e real dentro da XXXVI Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo. O traballo foi elaborado polo alumnado de segundo de Realización e Produción da Escola de Imaxe e Son (EIS) dentro do módulo de Proxecto Integrado no curso 2012-2013. O pase será as 20.00 horas.

A curta, de case 20 minutos de duración, descobre a realidade da mítica Miranda, onde o escritor Álvaro Cunqueiro sitúa a narración de Merlín e familia. O traballo inclúese dentro da sección Colleita Dourada.

XXXVI Semana de Cine de Autor
A Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, celebrarase este ano entre os días 15 e 20 de setembro, organizada por el Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá. A edición deste ano brindará homenaxe, entre outros, a Manuel Lourenzo, actor e escritor mariñán do Valadouro.

O certame comezou o seu percorrido en 1978 e, desde entón, cada ano, o mes de setembro constitúe unha cita imprescindible para os cinéfilos e tamén para homenaxear ós lucenses vinculados co sétimo arte. Este ano proxectarán durante todo o festival mais de 80 películas, distribuídas en oito seccións.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet