Produtora » Novas da Fundación TIC

20/06/2014

A Fundación TIC impulsa o fútbol base lucense coa elaboración dun spot promocional do 9º Torneo Polvorín

O Patrón da Fundación TIC, Álvaro Santos, e o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentaron o audiovisual no que participaron bolseiros da Escola de Imaxe e Son
Santos Ramos destacou que “con esta colaboración contribuímos á promover o deporte base, e serve de práctica ós bolseiros da Escola da Imaxe e Son”
A Fundación TIC gravará a fase final do Torneo, que terá lugar o domingo día 22 no campo do Polvorín

O Patrón da Fundación TIC e Deputado de Cooperación e Asistencia ós Concellos, Álvaro Santos Ramos, e o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentaron este venres no Concello de Lugo o spot promocional do 9º Torneo Polvorín Fútbol-Base, elaborado por un equipo da Fundación no que participaron bolseiros da Escola de Imaxe e Son (EIS). Santos Ramos destacou que “este traballo é unha nova colaboración da TIC co deporte base e, ademais, serve de práctica ós nosos alumnos e titulados, un dos sinais de identidade do modelo formativo da TIC”.
Un equipo formado por alumnos, bolseiros e profesionais da TIC gravará a fase final do Torneo e a entrega de premios, que terán lugar o domingo día 22 de xuño neste campo lucense a partires das 9:30 horas e ata as 20:00 horas. O material editado entregarase á SDeC Polvorín, para que o emita nas redes sociais nas que ten presenza.
Torneo Polvorín
O Torneo Polvorín comezou hai nove anos co obxectivo de promover o fútbol base. É unha competición de categoría alevín na que participan clubes galegos, portugueses e do resto de España. Nestas nove edicións, equipos coma o Atlético de Madrid ou o Benfica portugués teñen gañado o Trofeo.

800 rapaces participaron durante este mes nas 3 fases previas (os días 1, 8 e 15 de xuño). Os gañadores xogarán a final o día 22 con outros equipos invitados pola organización coma o Celta, Depor, Sporting de Braga, a Ponferradina e o Lugo.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet