Produtora » Novas da Fundación TIC

25/03/2014

Alumnos de primeiro curso de Realización e Produción da EIS asisten ó XIV Festival de Teatro Grecolatino da cidade de Lugo

  • archivos/fotos/grandes/1750__MG_2590.JPG

    alumnos da EIs na representación de AULULARIA 1

    alumnos da EIs na representación de AULULARIA 1
  • archivos/fotos/grandes/1750__MG_2591.JPG

    alumnos da EIs na representación de AULULARIA 2

    alumnos da EIs na representación de AULULARIA 2
  • archivos/fotos/grandes/1750__MG_2592.JPG

    alumnos da EIs na representación de AULULARIA 3

    alumnos da EIs na representación de AULULARIA 3
  • archivos/fotos/grandes/1750__MG_2593(1).JPG

    alumnos da EIs na representación de AULULARIA 4

    alumnos da EIs na representación de AULULARIA 4
  • archivos/fotos/grandes/1750__MG_2594.JPG

    alumnos da EIs na representación de AULULARIA 5

    alumnos da EIs na representación de AULULARIA 5
  • archivos/fotos/grandes/1750__MG_2597.JPG

    alumnos da EIs na representación de AULULARIA 6

    alumnos da EIs na representación de AULULARIA 6







Os estudantes asistiron á representación de AULULARIA de Plauto, do grupo Noite Bohemia de A Coruña e gañadora do Festival Grecolatino do pasado ano.O obxectivo principal é comprobar “in situ” e de xeito real o traballo e organización dun grupo de teatro e a posta en escena dunha obra.

Os corenta alumnos de primeiros dos ciclos de Produción e Realización da Escola de Imaxe e Son da Fundación TIC, organismo dependente da Deputación, asistiron como público ó XIV Festival de Teatro Grecolatino que estes días se celebra na cidade de Lugo.
A obra seleccionada foi Aulularia, de Plauto, gañadora do Festival o pasado ano. A actividade enmárcase dentro do módulo de Planificación de Rexeduría de Espectáculos do Ciclo de Realización e do módulo de Planificación do Proceso de Produción do Ciclo de Produción que imparte a EIS.
A actividade inclúese dentro do plan de formación complementaria que a EIS ofrece ó seu alumnado. Entre elas figuran a asistencia a empresas do sector audiovisual, festivais de cine ou teatro e todos aqueles acontecementos que axuden a completar a formación do alumnado, como asistencia a rodaxes ou “master classes” de recoñecidos profesionais do mundo audiovisai.
A Mostra de Teatro Grecolatino, organizada pola asociación Prósopon, a sección galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos e o Concello de Lugo, ten como obxecto achegar o teatro ós mozos e mozas de Educación Secundaria e Bacharelato, a través do estudio previo dos textos e a posterior asistencia ás representacións. Esta asociación naceu no ano 2003 composto por membros de Lugo, Tarragona, Zaragoza, Euskadi, Baleares, Sagunto, Clunia (Burgos), Mérida, Baelo Claudia (Cádiz) e Itálica (Sevilla), e máis tarde uniuse Málaga.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet