Diputación Provincial de Lugo
Fundación EIS CPP Lugo FC Imaxes Novas Enlaces Contacto

Acceso miembros


ver máis información


 

A insercción laboral dos alumnos

> RELACIÓN CON EMPRESAS E INSTITUCIÓNS

Conseguir desde o comezo da súa formación o contacto directo co sector empresarial e coas institucións vinculadas ao sector audiovisual é un dos sinais de identidade da Escola de Imaxe e Son da Fundación TIC.

Fundamental é o establecemento de convenios e acordos que permiten contar con prestixiosas empresas e institucións que colaboran coa fundación, como socios ou partnership, durante o proceso formativo dos alumnos.


> Empresas que colaboran co ciclo de Produción
> Empresas que colaboran co ciclo de Realización

> Titulación que se obtén:

TÉCNICO SUPERIOR DE PRODUCIÓN DE AUDIOVISUAIS, RADIO E ESPECTÁCULOS

> DIDÁCTICA

Á formación teórica engádense workshop ou exercitacións, sexa en contacto directo coas empresas, ou ben mediante seminarios formativos, participacións en concursos, ciclos de conferencias, visitas a empresas e/ou establecementos de produción.


O centro dispón de instalacións profesionais de produción e realización a través do Centro de Produción de Programas de Televisión dependente da Fundación, onde se desenvolven ao longo do ano producións de contidos para as televisións locais. Durante todo o ano os alumnos poden realizar actividades nesas instalacións durante a xornada e fóra do horario escolar.

A Fundación xestiona directamente actividades relacionadas co sector como a Oficina Film Commission da provincia de Lugo creada mediante convenio co Consorcio Audiovisual de Galicia e a Deputación Provincial de Lugo, onde os alumnos poden colaborar en actividades directamente relacionadas coa produción e promoción audiovisual

> DOCENTES

O cadro de persoal da fundación, formada por docentes e técnicos, está en contacto permanente co mundo produtivo garantindo deste xeito a permanente actualización nas rápidas transformacións que experimenta o sector.

> BOLSAS DE FORMACIÓN

A existencia de acordos con socios -partners- cos que están en marcha programas de intercambio formativo e didáctico, permitiranlles aos nosos estudantes elixir entre un importante número de empresas onde realizar a Formación en Centros de Traballo ou complementar a formación mediante estancias e intercambios académicos.

O programa de bolsas de formación en empresas permítelles aos titulados da escola acceder a estancias formativas en empresas nas que se facilita a inserción profesional a través de complementos formativos e dun directo coñecemento da realidade empresarial do sector no que desenvolverán a súa actividade profesional.


> SERVIZOS

Orientación, organización de stage en empresas e institucións, tramitación da xestión de bolsas de estudo, servizo de oficina de colocación……, son algunhas das posibilidades que completan a nosa oferta formativa.

Inicio | Fundación | EIS | CPP | Lugo FC | Imaxes | Novas | Enlaces | Contactos
Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org