Produtora » Novas da Fundación TIC

14/06/2017

A Escola de Imaxe e Son da TIC ten aberta a preinscrición ata o día 23 de xuño nas 40 prazas que Realización e Produción


-A lista definitiva de admitidos publicarase o día 3 de xullo no taboleiro de anuncios e en www.fundaciontic.org, e a matrícula ordinaria poderá formalizarse do 4 ao 20 de xullo

-A Deputación mantén a gratuidade da matrícula por décimo curso consecutivo para todos os alumnos e alumnas, agás os repetidores


A Escola de Imaxe e Son de Lugo da Fundación TIC ten aberto o prazo de preinscrición de matrícula gratuíta para o curso 2017-2018 ata o vindeiro venres, 23 de xuño. A EIS ofrece 40 prazas de primeiro nos Ciclos Superiores de Realización e Produción de Audiovisuais e Espectáculos. As titulacións necesarias para acceder ao único centro da provincia que imparte ensinanza da rama audiovisual son bacharelato, técnico medio ou superior ou universitaria.

A listaxe de admitidos, espera e excluídos publicarase o 26 de xuño, no taboleiro de anuncios da EIS e na web da TIC, www.fundaciontic.org. Haberá catro días para posibles reclamacións, do 27 ao 30 de xuño, antes da publicación definitiva o 3 de xullo. Os interesados teñen que presentar a fotocopia do DNI, certificación académica e cumprimentar a solicitude a través de internet ou na propia EIS. A documentación entregarase na sede do centro, na rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n de Lugo.

O prazo de matrícula ordinaria permanecerá aberto do 4 ao 20 de xullo. O impreso necesario e resto de documentación pode descargarse na web da Fundación, para formalizar a tramitación na EIS, en horario de mañá, de 9.00 e 14.00 horas.

Formación gratuíta de calidade

A Deputación mantén a gratuidade da matrícula por décimo curso consecutivo para todos os alumnos e alumnas, agás os repetidores. Deste xeito, o organismo provincial aposta, un ano máis, por unha educación de calidade en igualdade de condicións. A Escola de Imaxe e Son de Lugo imparte 2.000 horas lectivas, distribuídas en dous cursos formativos, nos que se da prioridade ás prácticas en escenarios reais, de cara á inserción laboral dos futuros profesionais.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet