Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas de Lugo » 2012

02/05/2012

Gómez Besteiro entrega o CD do himno do Arde Lucus ós lexionairos da Cohors III Lucensium

toto cohorstoto cohors

A Fundación TIC financia ó 100% esta iniciativa que se engade ó videoclip sobre dita peza musical que realizaron bolseiros da EIS, incrementado a súa formación práctica. O Presidente, que recibiu a Insignia de Ouro da Cohors III Lucensium, destaca o labor dos colectivos na declaración do Arde Lucus como Festa de Interese en Galicia e cita punteira en España coa visita de 1 millón de persoas

O Presidente da Deputación e da Fundación TIC, José Ramón Gómez Besteiro, entregou este mércores na Escola de Imaxe e Son –EIS- as 1.000 copias do CD Cohors III Lucensium -Lucus Augusti- a representantes de dito colectivo. É o traballo audiovisual que contén o himno oficial do Arde Lucus, financiado ó 100% pola Fundación TIC e gravado nos estudos Miño Medio, do Concello de O Corgo. Gómez Besteiro salientou que esta CD engádese ó videoclip, tamén sobre esta peza musical, que realizaron bolseiros da EIS coa colaboración de técnicos da TIC, contribuíndo á promoción da cita festiva da provincia en xeral, así como ó incremento da formación práctica dos alumnos do único centro na provincia que imparte ensinanzas superiores no eido audiovisual de cara a súa inserción laboral.
Uns setenta lexionarios caracterizados cos traxes e armas da época participaron no vídeoclip, interpretando o himno oficial do Arde Lucus en varias zonas da Muralla romana. Trátase dun cántico en latín composto polos membros da Cohors, no que lembran como a Cohors III Lucensium, unha subdivisión da VII Lexión Gemina, chegaba a Lucus Augusti “con celeridade e orde” pola ponte romana e accedían pola Porta Miñá. É o himno que interpretan nos desfiles que protagonizan durante a festa romana e que relata as súas victorias en varios lugares do Imperio.

O titular provincial, que recibiu a Insignia de Ouro da Cohors III Lucensium, subliñou, ademais, que grazas ó labor de recreación histórica que están a levar a cabo asociacións coma esta, o Arde Lucus atrae a un millón de visitantes, acadando o 100% da ocupación hoteleira e xerando un volume de negocio de 10 millóns de euros, segundo datos da última convocatoria. Declarada Festa de Interese Turístico en Galicia, esta cita sitúase nun lugar destacado no calendario de festexos de España.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet