Fundación » Padroado » Fichas

19/11/2009

Jorge Coira Nieto

Rábade (Lugo), 1971

José Mª Besteiro Cabanas
Realizador de curtametraxes, televisión, publicidade y videoclips.Comezou a ser coñecido por cinco curtametraxes que dirixiu durante a década dos noventa. En 1994 dirixiu As xoias da señora Bianconero, cun guión cómico que escribiu xunto ao actor lucense Luis Tosar. Gran liquidación (1995), l matachín (1996); e ¿A ti como se che de adeus? (1999).

No ano 2000 realizou a serie documental en lingua galega Vida nas mareas (2000). Outras series documentais que rodou foron Chunda chunda (2000), 092 (2001) y Terra de Miranda (2001). Un ano máis tarde dirixiu o telefilme Entre bateas (2002) y en 2003 realizou 26 episodios da serie televisiva As leis de Celavella (2003).

En 2004 dirixiu a súa primeira longametraxe: O ano da carracha, de xénero cómico. En 2006 regresou a pequena pantalla para realizar a serie musical Mundo verbena.

En 2007 traballou como editor da película de Antonio Hernández El menor de los males (2007) e como realizador de varios episodios da serie R.I.S. Científica (2007), en 2008 comezou a dirixir a serie emitida na TVG Padre Casares.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet