Escola de imaxen e son
PRÁCTICAS EN EMPRESAS
A inserción laboral dos alumnos

Conseguir desde o comezo da súa formación o contacto directo co sector empresarial e coas institucións vinculadas ao sector audiovisual é un dos sinais de identidade da
Escola de Imaxe e Son da Fundación TIC.
Fundamental é o establecemento de convenios e acordos que permiten contar con prestixiosas empresas e institucións que colaboran coa Fundación, como socios ou
partnership, durante o proceso formativo dos alumnos.
Á formación teórica engádense
workshop ou exercitacións, sexa en contacto directo coas empresas, ou ben mediante seminarios formativos, participacións en concursos, ciclos de conferencias, visitas a empresas e/ou establecementos de produción.
O centro dispón de instalacións profesionais de produción e realización a través do
Centro de Produción de Programas de Televisión dependente da Fundación, onde se desenvolven ao longo do ano producións de contidos para as televisións locais. Durante todo o ano os alumnos poden realizar actividades nesas instalacións durante a xornada e fóra do horario escolar.
A Fundación xestiona directamente actividades relacionadas co sector como a
Oficina Film Commission da provincia de Lugo creada mediante convenio co Consorcio Audiovisual de Galicia e a Deputación Provincial de Lugo, onde os alumnos poden colaborar en actividades directamente relacionadas coa produción e promoción audiovisual.
O cadro de persoal da fundación, formada por docentes e técnicos, está en contacto permanente co mundo produtivo garantindo deste xeito a permanente actualización nas rápidas transformacións que experimenta o sector.
A existencia de acordos con socios -
partners- cos que están en marcha programas de intercambio formativo e didáctico, permitiranlles aos nosos estudantes elixir entre un importante número de empresas onde realizar a formación en Centros de Traballo ou complementar a formación mediante estancias e intercambios académicos.
O programa de bolsas de formación en empresas permítelles aos titulados da escola acceder a estancias formativas en empresas nas que se facilita a inserción profesional a través de complementos formativos e dun directo coñecemento da realidade empresarial do sector no que desenvolverán a súa actividade profesional.
Empresas con convenios para a realización de
FCT e empresas colaboradoras no programa de becas en empresas para titulados.
- Ababo Producións
- Abrigueiro Estudios
- Acgal
- Adolfo Domínguez
- Agrupación Deportiva A Pinguela
- Amanita Films
- Animatium
- Aprok Imagen, S.L.
- Cadena COPE
- Cadena SER Radio Lugo
- Cadena SER Chantada
- Cadena SER Viveiro
- César Estudio
- Clube Patíns Lóstregos Lugo
- Continental Producciones
- Correo TV
- CRTVG
- CTV
- Domovoi Dixital
- Europapress
- Ferrolvisión
- Ficción Producciones, S.L.
- Filmanova
- Foto Sergio y Logavideo, S.L.
- Fundación Azkar
- Fundación de Feiras e Exposicións de Lugo
- Granero Video
- Ibisa TV - Bierzo Paradiso
- Iceberg Audiovisual
- Imaxina Producciones
- Inertes
- Inteligencia Visual
- Korpa
- Laboral Girón
- Lavinia-Atlas
- Liderlugo.com
- Liga Santaballesa
- Localia Vigo (Iniciativas Audiovisuales Vigo)
- Locpros - Tradlingua
- Lúa Films
- Lucía Pérez Vizcaíno
- Lugopress, S.L.
- Miramemira
- Mr. Misto
- Nós, P.C.G, S.L.
- Overón Servicios Audiovisuales
- Popular TV
- Productora El Progreso, S.L.
- Radio Vigo
- Red Star Cinema
- Riders Lugo
- Roberto Lolo Sánchez
- RTV Ferrol Canal 31
- RTVE
- Sadilsa
- Saga TV
- Santiago Mazoy Fernández
- Santiago TV
- Sar Comunicacións XXI, S.L.
- Sociedade Micolóxica Lucus
- Teatro Jovellanos
- Telecoruña - Canal 41
- Telelugo, S.L.
- Telemiño, S.A.
- Televinte Chantada
- Transmedia
- Triatlón Cidade de Lugo
- TV-7 Monforte
- Unión de Televisiones Gallegas, S.A.
- Uniprex, S.A. (Onda Cero)
- Universidade de Santiago de Compostela - Escola Politécnica Superior
- Vaca Films
- Vía Láctea
- Visual Q
- Visualset
- Voz Audivisuales
- Web menús (Gastroradio)
- Zenit
- Zoom – Mar
Orientación, organización de
stage en empresas e institucións, tramitación da xestión de bolsas de estudo, servizo de oficina de colocación..., son algunhas das posibilidades que completan a nosa oferta formativa.
Volver