Videos
Clavicémbalo, alma y música
Curtametraxe documental realizada por alumnos do ciclo Superior de Produción de Audiovisuais, Radio e Espectáculos e Realización de Audiovisuais e Espectáculos no módulo de Proxecto Integrado do curso 2012-2013.
Miranda, mítica e real
Curtametraxe realizada por alumnos do ciclo Superior de Produción de Audiovisuais, Radio e Espectáculos e Realización de Audiovisuais e Espectáculos no módulo de Proxecto Integrado do curso 2012-2013.
VHS
Curtametraxe realizada por alumnos do ciclo Superior de Produción de Audiovisuais, Radio e Espectáculos e Realización de Audiovisuais e Espectáculos no módulo de Proxecto Integrado do curso 2012-2013.
Enfoques
Curtametraxe realizada polos alumnos do primero curso de Realización de Audiovisuais, e Espectáculos do curso 2011-12 na Escola de Imaxe e Son de Lugo
Dévil
Curtametraxe realizada por los alumnos do primero curso de Produción de Audiovisuais, Radio e Espectáculos do curso 2011-12 na Escola de Imaxe e Son de Lugo
El Juego de la Pólvora
Curtametraxe realizada polos alumnos do primero curso de Realización de Audiovisuais, e Espectáculos do curso 2011-12 na Escola de Imaxe e Son de Lugo.
Sin Salida
Curtametraxe realizada por los alumnos do primero curso de Produción de Audiovisuais, Radio e Espectáculos do curso 2011-12 na Escola de Imaxe e Son de Lugo
Post Mortem
Curtametraxe realizada por alumnos do ciclo Superior de Produción de Audiovisuais, Radio e Espectáculos e Realización de Audiovisuais e Espectáculos no módulo de Proxecto Integrado do curso 2011-2012.
Proyecto Campana
Curtametraxe realizada por alumnos do ciclo Superior de Produción de Audiovisuais, Radio e Espectáculos e Realización de Audiovisuais e Espectáculos no módulo de Proxecto Integrado do curso 2011-2012.
Muted
Proxecto realizado polos alumnos do módulo de Produción de cine do curso 2010-2011.
Él, un home traballador e aparentemente normal. Ela…, ninguén o sabe. Incomunicada e atrapada entre catro paredes. A moza atópase sometida a unha realidade imposta .
Mania
Proxecto realizado polos alumnos do módulo de Produción de cine do curso 2010-2011.
Soa o timbre, unha alumna vai o baño. Cando se dirixe á porta, ésta está pechada. Buscando unha saida alternativa escoita certos ruidos que lle fan pensar que non está soa.
Cóxegas
Proxecto realizado polos alumnos do módulo de Realización de Cine y Video do curso 2010-2011.
A Pantalla dividida en dúas partes amosa dúas habitacións onde se desenvolve a vida cotiá dunha parella a distancia mentres os escoitamos nunha conversa telefónica
El maletín
Proxecto realizado polos alumnos do módulo de Realización de Cine y Video do curso 2010-2011.
Fredo e Bobo teñen no seu poder un maletín cun valioso contido que les leva a ter que tratar con gángsters e temer pola súa vida para desfacerse de el.
Encefalograma plano
Proxecto realizado polos alumnos do módulo de Realización de Cine y Video do curso 2010-2011
Uns pais inscriben ó seu fillo nun colexio a metade de curso. O profesor fala ós seus alumnos do novo compañeiro que van ter. Ábrese a porta da clase e aparece un neno diferente ¡¡¡UN NENO ZOMBIE!!!
Cuatro días
Proxecto realizado polos alumnos do módulo de Realización de Cine y Video do curso 2009-2010.
Emilio é tráxicamente atropelado mentres anda pola rúa. Esperta na súa casa. Unha misteriosa muller aparece ó pé da cama propoñéndolle un perigoso pacto co fin de salvar a súa vida.
La habitación
Proxecto realizado polos alumnos do módulo de Realización de Cine y Video do curso 2009-2010
Pablo se atopa nunha habitación. Está angustiado, rodeado de caixas e obxectos extranos. ¿Qué significa esto? A sucesión de feitos nos precipitará a un sorprendente final.
Dulces Sueños
Proxecto realizado polos alumnos do módulo de Producción de Cine do curso 2010-2011. Un vixilante nocturno tras expulsar a un grupo de alumnos esperta sobresaltado e é perseguido por uns encapuchados mentres intenta salir da escola
Bank Scam
Proyecto realizado polos alumnos do módulo de Realización de Cine e video do curso 2010-2011. Jota está atascado no seu traballo como director de películas porno e decide deixalo e cos seus inseparables amigos planean unha gran estafa nunha sucursal bancaria.
Back to the TIC
Traballo dos alumnos de Realización de Televisión. Inicialmente pensado coma un programa de sketchs que foi evolucionando ata converterse nunha curtametraxe cómica onde os alumnos parodian a escola de Imaxe e Son mediante un fío conductor rememorando coñecidas escenas de filmes.
Vilacazáns
É unha sorprendente e truculenta historia, inspirada no estilo das “snuff movies” americanas, trasladado ó rural galego. A cinta conta a historia de 2 rapaces que fuxen en coche dunha ameaza que lles pode custar a vida. Os protagonistas atópanse nunha situación límite ata que chegan a Vilacazáns, un pobo no medio da nada que, malia que parece a súa salvación, axiña se percatan de que os habitantes deste lugar son un tanto singulares, e de que lles espera un inquedante destino.
Aliendu
Basada en feitos reais, conta a historia de dous mozos, Manuel e Josefa, -el da Fonsagrada e ela de Asturias-, que se coñeceron na feira da poboación asturiana de Valdebois e se namoraron. Ante a oposición do pai dela á súa relación, decidiron fuxir á Fonsagrada. O título do traballo, “Aliendu”, é un guiño á parte asturiana desta historia. Significa alento ou respiración forte, e fai referencia ós esforzo da parella protagonista durante a súa fuxida.
A Sede das Urbes
Obra colectiva realizada no módulo de Proxecto Integrado no curos 2009-2010 por alumnos dos ciclos de Realización de Audioviduais e Espectáculos e Produción de Audiovisuais, Radio e Espectáculos. Trala súa morte un vagabundo recibe o cargo de ser o gardian da muralla, protector do resto dos sen teito que habitan na cidade amurallada, pero atopase con unha muller que o tenta para deixar esa pesada carga
Primeiro capítulo da serie Fuga de descerebrados
Primeiro capítulo desta mini serie para web elaborada polos alumnos de Realización e Producción de segundo da Escola de Imaxe e Son.
Comedia sobre un grupo de tolos un manicomio do que pretenden fugarse.
Segundo capítulo da serie Fuga de descerebrados
Segundo capítulo desta mini serie para web elaborada polos alumnos de Realización e Producción de segundo da Escola de Imaxe e Son.
Comedia sobre un grupo de tolos un manicomio do que pretenden fugarse.
Terceiro capítulo da serie Fuga de descerebrados
Terceiro capítulo desta mini serie para web elaborada polos alumnos de Realización e Producción de segundo da Escola de Imaxe e Son.
Comedia sobre un grupo de tolos un manicomio do que pretenden fugarse.
Capítulo Piloto da serie 'Cero veinte'
Capítulo piloto da mini serie para web elaborada polos alumnos de Realización e Producción da escola de Imaxe e Son.
Comedia de situación ambientada nunha emisora de radio con situacións entre os traballadores dun programa de radio nocturno.
Primeiro capítulo da serie 'Cero veinte'
Primeiro capítulo da mini serie para web elaborada polos alumnos de Realización e Producción da escola de Imaxe e Son.
Comedia de situación ambientada nunha emisora de radio con situacións entre os traballadores dun programa de radio nocturno.
Zinfonia
Telmo, un veciño invidente da cidade de Lugo, aprende coa axuda dun luthier a construír a súa propia zanfona; unha vez que o instrumento estaba rematado, Telmo fixo deste, o seu medio de vida. Pero os acontecementos darán un xiro drástico no momento no que a zanfona é roubada por Ricardo, un coñecido de Telmo, esto cambiará a vida do cego ata o punto que considerará a morte como unha solución.
Campelo. Expediente 1338
Un grupo de rapaces intérnase, acompañados dunha cámara, na abandonada Base Militar de Campelo para descubrir e investigar os enigmas que a rodean. O que para eles era unha simple aventura converterase na peor experiencia das súas vidas.
Segundo capítulo da serie 'Cero veinte'
Segundo capítulo da mini serie para web elaborada polos alumnos de Realización e Producción da escola de Imaxe e Son.
Comedia de situación ambientada nunha emisora de radio con situacións entre os traballadores dun programa de radio nocturno.
La repolla limonera
Iria e Sebastián, coñécense dende que comezaron a traballar en Trans-Paper, unha empresa dedicada á papelaría. Non é o traballo que soñaban pero dálles para vivir comodamente. Iria encárgase de facer reparticións, Sebastián é o mozo de almacén e recolle pedidos. A ela ocórreselle que para facer o seu traballo de xeito máis cómodo pode seguir outro itinerario e así facer máis repartición no mesmo tempo.

El Tiempo y la distancia
Os segredos son gardados por persoal capacitado para escoitar e almacenar todo o que á xente lle queima por dentro…xa non hai con quen falar …xa non hai ninguén a quen contar…Christina é unha gardadora de segredos desbordada.
Os sorrisos mudaron nun ben tan escaso que hai fotógrafos especializados na súa busca y “captura”… Vincent é un fotógrafo de xestos alegres golpeado pola triste realidade da súa extinción inminente.
Vincent e Christina como outras moitas persoas, atópanse nun “punto de non retorno” e a Empresa Tempo e Distancia ofrécelles viaxes definitivos sen dor e coa compaña axeitada cara un destino no que as dúbidas marcarán o punto final.
Interferencias
Raúl é un mozo de 24 anos obsesionado polo seu destino, polos xogos de azar e por saber o que pasará cada día da súa vida. Unha chamada telefónica a un vidente fará que cambien os acontecementos nun día calquera. Raúl convertese nunha víctima da súa propia suxestión e fixación polo esoterismo.
En mitad de la noche
Adaptación do relato
La muerte mientras tanto de Ignacio Martínez de Pisón. Inda que levan pouco tempo saíndo, Pablo e Clara deciden pasar xuntos os primeiros días do outono. Unha pequena, e agora deserta urbanización fronte á praia, é o lugar ideal para que Pablo, tradutor de profesión, poida finalizar uns traballos atrasados e, para que Clara descubra que o seu noivo padece insomnio e traballa polas noites mentres ela dorme.
A soga da Soidade
Esta é a historia de Antonio, un home decidido a non abandonar o seu pobo, Veilares. Ante os seus ollos todos os seus familiares, amigos e veciños marcharon á cidade ou morreron. As lembranzas mestúranse coa realidade, facéndonos partícipes de sua loucura e dubidando entre o que é un soño, o que é a vida e o que queda tras a morte.
Cambio de luces
Curtametraxe baseada nun relato do célebre escritor Julio Cortázar; narra a historia dun home invadido pola lembranza dunha muller. Drama amoroso cun marcado enfoque literario, Cambio de Luces supón una reflexión sobre o ser humano e a procura da felicidade nunha realidade imaxinada.
Documental Campelo
Os alumnos que realizaron a curtametraxe de Campelo, basearon o seu guión nun feito real, a existencia dunha base do exército norteamericano no monte Campelo. Sobre este feito e os estranos acontecementos que contan os veciños da zona, os mesmos alumnos elaboraron este documental para o módulo de Proxecto Integrado.
Documental Zinfonia
Documental realizado polos alumnos da Escola de Imaxe e Son de Lugo dentro do módulo de Proxecto Integrado. Os mesmos alumnos que crearon a curtametraxe de ficción
Zinfonia realizaron este documental sobre o mundo da zanfona.