Novas

A historia da emigración vilalbesa, protagonista dun documental gravado por bolseiros da Fundación TIC



O Presidente da Deputación participou na presentación da mediametraxe “O Legado Migratorio Santaballés”, gravada pola produtora Imaxina en colaboración con 6 bolseiros da Escola de Imaxe e Son da institución provincial
75 veciños da parroquia vilalbesa son os protagonistas da rodaxe que recrea a traxectoria da escola habaneira creada polos antepasados desta localidade que estiveron en Cuba


O Presidente da Deputación e da Fundación TIC, José Ramón Gómez Besteiro, participou o sábado 9 de Abril na presentación da mediametraxe “O Legado Migratorio Santaballés”, gravada pola produtora Imaxina en colaboración cos bolseiros da Escola de Imaxe e Son da TIC, dependente da institución provincial. O documental amosa a historia da emigración na zona e recrea a traxectoria da escola habaneira desta localidade vilalbesa, inaugurada en 1916 e que, durante medio século, facilitou a escolarización de centos de nenos desta parroquia.

Gómez Besteiro e o Presidente da Asociación de Amigos da Liga Santaballesa, Isidro Cillero, explicaron que 6 rapaces da Escola participaron na gravación, combinando educación e recuperación das tradicións. A Escola de Imaxe e Son da Fundación TIC é a única da provincia na que estudan preto de 90 alumnos cada ano. Con esta colaboración, o Presidente destacou que “tamén contribuímos a que os estudantes adquiran experiencia para acceder ó mercado laboral, unha condición importante para que atopen traballo canto antes”.

1 COMENTARIOS

zQlzzrhSGN 18/04/2012
Con esta notif1a de prensa eu estou moito mais de aordco coa segunda parte cando di que calquera medida ou investimento que vef1a para rehabilitar o casco histf3rico sere1 ben recibida polo BNG.Sorpre9ndeme un pouco a primeira parte xa que o BNG debereda de estar orgulloso de que se desenvolvesen os seus proxectos, cousa que parece ser que non lles gusta, ou eses proxectos parece que non son bos se os fan outros.En calquera caso ao BNG ce1belle o me9rito de ser o partido dos de Betanzos que mostruou mais preocupacif3n ou interese polo casco histf3rico, pero tan pouco vamos quedar parados por que neste momento non manden eles.Ainda que non son vecif1o do casco histf3rico, moita sorte coa asociacif3n e a ver se se amaf1a algo en Betanzos.
Comentario enviado por zQlzzrhSGN

Imprimir  |  PDF  |  Enviar por correo  |  Menéame Menéame  |  Chuza Chuza


Comenta esta noticia:
Nick
Email
Comentario
Copia no cadro os seguintes números:
Este é un sistema de filtro anti-spam instalado para evitar que o foro se inunde de mensaxes de publicidade non desexada enviados automáticamente por programas de spam. Serve para comprobar que o que escribe é unha persoa e non un programa.
Non inflúe de ningún modo na publicación dos comentarios

< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Productora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet