Novas

A Fundacion TIC participa na gravación da curtametaxe de Roberto Lolo

A obra titulada 'Triste soledad deun violinista' está protagonizada pola cantante Soraya

Alumnos da Escola de Imaxe e Son e bolseiros da FUNDACIÓN TIC participan estes días na grabación da curtametraxe que o director Roberto Lolo está a realizar no concello de Sarria. Ademáis a Fundación está a colaborar co equipamento técnico.

O corto titulado ‘Triste soledad de un violinista’, escrito, producido e dirixido por Lolo ten como protagonista á cantante extremeña Soraya, coñecida a raíz da súa participación no programa Operación Triunfo e candidato española o ano pasado ao Festival de Eurovisión, e ao actor Alberto Amarilla, protagonista das películas ‘El camino de los ingleses’ de Antonio Banderas e ‘Fuga de cerebros’, ademais do compoñente da orquesta Paris de Noia Marcos Valcárcel.

Segundo explicou o director sarriano, a curtametraxe recolle a historia dun violinista que se refuxia nunha casa para compoñer e cada vez que toca un tema unha misteriosa muller se lle aparece. É unha homenaxe do director ao mundo da música, así como un dos seus anteriores traballos ‘A la de tres’ foi dedicado a maxia.

Lolo dirixiu ata o de agora nove curtametraxes a primeira en 1997, ainda que a súa maioría foron rodades a partir de 2008, a última tamén rodada en Sarria este ano foi ‘El Clon’. Tamén participou en series televisivas como ‘Platos combinados’ y ‘La tira’ de la Sexta’, e formou parte dos equipos de varias películas como ‘A los que aman’, ‘Romasanta’ e ‘O ano da carracha’ e en v arias producións teatrais.



Para ver este reproductor necesitas instalar Flash Player


Imprimir  |  PDF  |  Enviar por correo  |  Menéame Menéame  |  Chuza Chuza


Comenta esta noticia:
Nick
Email
Comentario
Copia no cadro os seguintes números:
Este é un sistema de filtro anti-spam instalado para evitar que o foro se inunde de mensaxes de publicidade non desexada enviados automáticamente por programas de spam. Serve para comprobar que o que escribe é unha persoa e non un programa.
Non inflúe de ningún modo na publicación dos comentarios

< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Productora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto