Novas
Mais de 60 escolares de Guitiriz visitan o centro de Producción e Programas da Fundacion TIC
Os rapaces tiveron o seu primeiro contacto co mundo televisivo. A visita, que se prolongou durante todo o día, encádrase dentro das actividades navideñas que organiza o Concello para os máis pequenos
Máis de 60 escolares visitaron este lúns, o
Centro de Producción e Programas da Fundación Tic, dependente da Deputación de Lugo, para coñecer mais de cerca o mundo televisivo. Os nenos, que era a primeira vez que estaban nun plató de televisión, aproveitaron a ocasión para poñerse diante dunha cámara de vídeo e mesmo facer de intérpretes.
Os rapaces, de entre 4 e 15 anos, descubriron tamén, o valor natural, etnográfico, histórico, e cultural da Reserva da Biosfera Terras do Miño e realizaron un percorrido polas salas do Centro de Interpretación do Río Rato.
A viaxe forma parte da programación de Nadal que o Concello de Guitiriz organiza cada ano, e que ven desenvolvendo dende o 23 de Decembro para os rapaces de todos os centros escolares do municipio. Este ano, o equipo de goberno desta localidade decidíu mostrar ós rapaces a riqueza medioambiental da provincia e a importancia das novas tecnoloxías.
A actividade prolongouse ata ven chegada a tarde, xa que logo do xantar, os nenos gozaron dunha tarde de cine, no centro comercial “As Termas”, coas películas de Animación mais taquilleiras destas datas navideñas.
O día 5, Guitiriz pechará a programación de actividades para os máis cativos coa cabalgata de Reis Magos, que arrancará as 17 horas polas rúa principal da vila, ata chegar o pavillón municipal. Da mesma forma, nesta mesma xornada o Concello fará entrega das becas de transportes, unha iniciativa valorada en máis de 4 mil euros que premia con bonos aos mozos que se desprazan en transporte público
2 COMENTARIOS
| gestorweb 22/01/2010 |
| Es cierto que el video es una sucesión planos sin montar ya que se trata de un bruto con distintas tomas y recursos para realizar el montaje posterior de una noticia. En este sentido no es un vídeo con un plan de grabación si no un ejercicio práctico de cámara cubriendo una posible información y recuerde que somos una escuela y en ocasiones nuestros videos están realizandos por estudientes. De todos modos el video sirve como muesta de una visita a nuestro Centro de Producción de Programas. |
| Comentario enviado por gestorweb |
| duque37 20/01/2010 |
| Impresionante,vds como pueden colgar este video, el camara sabe lo q es un tripode, planos detalle, panoramicas y el sonido fuera de serie, es increible q no le pongan un micro a la señorita, saben lo q son pertigas y pertiguistas,por favor cuelguen videos con una minima calidad.ES PESIMO |
| Comentario enviado por duque37 |
|
|
|
Menéame
|
Chuza
Enviar por esta noticia por e-mail:
Volver