Novas

Nace o primeiro diccionario en galego das TIC

digatic


DIGATIC, un diccionario via web, recolle os térmos relacionadas coas Tecnoloxías de Información e Comunicación en galego.

O dicionario galego das TIC é froito dunha iniciativa conxunta da Xunta e da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia, desenvolvida coa colaboración da Universidade de Vigo e da Real Academia Galega. Trátase dun compendio documental de referencia que aglutina os termos conceptuais que expresan o amplo universo das TIC e da Sociedade da Información, reunindo máis de 4.000 vocablos.

Pretende divulgar a terminoloxía das novas tecnoloxías en galego e ser, ademais, unha ferramenta pedagóxica para o seu emprego e difusión no ensino e entre a cidadanía en xeral.

Ademáis do volume físico, os usuarios poderán acceder ao diccionario via internet na seguinte dirección:
DIGATIC

Imprimir  |  PDF  |  Enviar por correo  |  Menéame Menéame  |  Chuza Chuza


Comenta esta noticia:
Nick
Email
Comentario
Copia no cadro os seguintes números:
Este é un sistema de filtro anti-spam instalado para evitar que o foro se inunde de mensaxes de publicidade non desexada enviados automáticamente por programas de spam. Serve para comprobar que o que escribe é unha persoa e non un programa.
Non inflúe de ningún modo na publicación dos comentarios

< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Productora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto