Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas da Fundación TIC

07/04/2017

A TIC realiza o vídeo de presentación do percorrido do Desafío Volta a Lugo 2017


-A presentación oficial tivo lugar na Pontenova, meta da 1º etapa desta proba cicloturista non competitiva que se celebrará do 26 ao 28 de maio

-O traballo da TIC ofrece en 3D información técnica e detallada das etapas con mapas, gráficos de desniveis e outros datos de interese para os participantes

A Fundación TIC foi a encargada de realizar o vídeo da presentación do percorrido da 3º edición do Desafío Volta a Lugo 2017, que a Deputación e o Club Ciclista Cidade de Lugo celebrarán os vindeiros días 26, 27 e 28 de maio. O audiovisual proxectouse no acto de presentación oficial do evento deportivo que tivo lugar na Pontenova, diante dos fornos históricos da localidade mariñá. Neste lugar situarase a meta da 1º etapa coa que arrancará esta proba cicloturista en bicicleta de estrada non competitiva, que dá a coñecer a riqueza paisaxística e cultural da nosa provincia.

Ademais, a TIC difundirá o evento máis aló da súa celebración. Para dito fin, un equipo da Fundación desprazarase os tres días que dura o evento ás comarcas polas que pasarán os itinerarios para gravar aos participantes e o desenvolvemento da proba a pé de ruta. O resultado do traballo editarase nun DVD que servirá de documento gráfico para a organización desta nova edición. Tamén se realizarán reportaxes que se publicarán nas redes sociais oficiais que habilitará o evento e da Fundación para a súa promoción.

Percorrido e perfís das etapas en 3D

O vídeo do DVL2017 realizado pola TIC ofrece información detallada con infografía en 3D do percorrido, datos e perfís técnicos de interese de cada unha das tres etapas, con saída e chegada en Lugo capital, na Pontenova e na Fonsagrada. Deste xeito, os corredores dispoñen de mapas, gráficos de desniveis, quilómetros dos itinerarios e información de interese para afrontar o desafío como avituallamentos, datas, lugares ou horarios do control de sinaturas.

Ademais, os participantes que vivirán a experiencia como verdadeiros deportistas profesionais poderán descubrir en tres dimensións o aspecto que ten o Maillot oficial do evento, gratuíto para os que se inscriban antes do 30 de abril, así como o culote a xogo que poderán adquirir ata esa mesma data. O vídeo estará dispoñible na páxina web do evento na seguinte ligazón: www.desafiovoltalugo.com


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet