Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas da Fundación TIC

21/06/2016

Máis de mil trescentos alumnos de primaria e secundaria da provincia participaron este curso nas visitas didácticas á TIC


- O colexio da Inmaculada pechou este luns a tempada de visitas escolares que inclúen a presentación dun Ticodiario e o percorrido polos distintos departamentos dun medio audiovisual

-Todos os centros interesados en participar o vindeiro curso poden apuntarse na sede da EIS ou chamando ao número de teléfono 982 284 667


Máis de mil trescentos alumnos e preto de cen profesores participaron nas visitas didácticas ás instalacións da Fundación TIC durante o curso 2015-2016. En concreto, 1.374 estudantes de 51centros de primaria e secundaria de toda a provincia coñeceron o funcionamento dos distintos departamentos dun medio audiovisual e participaron na realización e presentación dos Ticodiarios.

Un grupo de 47 alumnos de 3º de ESO do CPR da Inmaculada de Lugo, acompañados de tres profesores, foron os encargados de pechar esta tempada. Os estudantes coñeceron de primeira man todo o proceso para a realización dun programa de televisión e presentaron un Ticodiario, un informativo que inclúe noticias reais e unha enquisa realizada polos propios alumnos. Ao final da visita, cada un deles levou unha copia do programa.

Achegar o uso das novas tecnoloxías

Os Ticodiarios forman parte do programa de visitas á Fundación que, un curso máis, foron todo un éxito. Esta iniciativa ten por obxectivo abrir as portas da TIC á sociedade e achegar o uso das novas tecnoloxías aos máis novos dun xeito lúdico. Os destinatarios son nenos e mozos que, deste xeito, poden coñecer o traballo que desenvolve a TIC así como os ciclos de Realización e Produción que imparte a Escola de Imaxe e Son (EIS), o único centro da provincia con ensinanzas superiores da rama audiovisual. Todas as visitas están colgadas na web da Fundación TIC (www.fundaciontic.org)

Como se pode participar

Todos os centros de secundaria e primaria da provincia interesados en participar nesta iniciativa o curso que vén, poden apuntarse na sede da EIS, en Frei Plácido Rei Lemos s/n, ou chamando ao número de teléfono 982 284 667.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet