Produtora » Novas da Fundación TIC

21/10/2015

Arranca a cuarta tempada de visitas didácticas á TIC para achegar as novas tecnoloxías aos mozos lucenses

  • archivos/fotos/grandes/2606_D77K4392.JPG

  • archivos/fotos/grandes/2606_D77K4327.JPG

  • archivos/fotos/grandes/2606_D77K4339.JPG

  • archivos/fotos/grandes/2606_D77K4356.JPG

  • archivos/fotos/grandes/2606_D77K4359.JPG

  • archivos/fotos/grandes/2606_D77K4387.JPG







- Alumnos do CPI Dr. López Suárez de Escairón inauguraron o programa que inclúe a presentación dun informativo de televisión con noticias dos Concellos de cada centro
- No curso 2014-2015 preto de 1.400 estudantes de primaria e secundaria da provincia coñeceron as instalacións e o labor da TIC
-Os centros interesados en participar poden contactar coa Fundación a través do número de teléfono 982206225

A Fundación TIC inaugurou este mércores a cuarta tempada de visitas didácticas que teñen por obxectivo achegar as novas tecnoloxías a alumnos de primaria e secundaria así como darlles a coñecer o traballo que desenvolve a TIC e informalos dos estudos que imparte a Escola de Imaxe e Son (EIS), o único centro da provincia de ensino superior da rama audiovisual.

O primeiro grupo foi do CPI Dr. López Suárez de Escairón (O Saviñao). 38 alumnos de 1º e 3º de ESO, acompañados de tres profesores, percorreron as instalacións e presentaron o primeiro Ticodiario da tempada, que este ano inclúe noticias relacionadas coa promoción dos Concellos dos centros participantes. Neste caso, a noticia que presentaron os alumnos destacaba O Saviñao como parte da Ribeira Sacra e súa candidatura a ser declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

Unha televisión por dentro
Durante a visita, os rapaces coñeceron de preto o traballo diario dun estudo de televisión, coma a produción, edición, realización e posprodución de audiovisuais. Ademais recibiron información sobre as especialidades de Realización e Produción que imparte a EIS, así como dos medios dos que dispón para a formación teórica e práctica do seu alumnado.

Durante o curso 2014-2015 preto de 1.400 alumnos centros de primaria e secundaria da provincia, divididos en 53 grupos, participaron nas visitas didácticas ás instalacións da Fundación. Dende que comezaron os Ticodiarios, en febreiro de 2013, houbo un total de 103 visitas. Os centros interesados en participar na nova tempada, poden apuntarse chamando ao número de teléfono 982 206225.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet