Produtora » Novas da Fundación TIC

19/06/2015

A TIC realiza un vídeoclip con alumnos do IES Ánxel Fole para recadar fondos para a biblioteca do centro

  • archivos/fotos/grandes/2506_IMG_5058.JPG

  • archivos/fotos/grandes/2506_IMG_5059.JPG

  • archivos/fotos/grandes/2506_IMG_5060.JPG







- Alumnos, bolseiros e técnicos da TIC gravaron a peza “Auga é”, á que puxeron voz e música en vivo dezaseis estudantes de ESO e BAC do instituto lucense
- A produción musical, na que se alude ao uso sostible da auga, forma parte do proxecto que presentarán a un concurso convocado pola Consellería de Educación nos centros públicos non universitarios

Alumnos e bolseiros da Escola de Imaxe e Son de Lugo (EIS) coa supervisión dos técnicos da Fundación TIC gravaron esta venres, no paseo do río Rato, un vídeoclip no que participaron 16 rapaces de ESO e BAC do IES Ánxel Fole. Os estudantes puxeron voz e música á canción “Auga É”, acompañados de violín, piano, trombón, batería e guitarras eléctricas. As estrofas da composición aluden ao uso sostible da auga.

O instituto lucense presentará a produción musical ao III Concurso de Traballos por Proxectos convocado pola Consellería de Educación nos centros públicos non universitarios, co fin de recadar fondos para as bibliotecas escolares.

A TIC cos centros de ensino
Esta achega encádrase na liña de actuación da TIC do fomento de intercambio de experiencias cos centros de ensino da provincia para promover as actividades que realizan, ao tempo que os estudantes da EIS completan a súa formación a prol da súa inserción laboral.

Esta mesma semana, alumnos e bolseiros da TIC participaron na gravación en exteriores doutro vídeo musical. Neste caso, un lipdub no que interviron máis de 100 voluntarios, en apoio á Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo (AELU) e ao Centro de Empresas e Innovación de Lugo (CEI-Nodus).

Na actualidade son máis de 150 as entidades que manteñen acordos de colaboración coa Fundación TIC, que facilitan prácticas profesionais en escenarios reais aos alumnos e bolseiros do único centro da provincia que imparte formación profesional no eido audiovisual.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet