Produtora » Novas da Fundación TIC

22/04/2015

A TIC apoia ao comercio de Sarria na Noite Aberta na que participan 17 establecementos do casco urbano da vila

-Un equipo de bolseiros e profesionais gravan este venres todas as actividades para elaborar un DVD e reportaxes audiovisuais para a súa difusións nas redes sociais e medios de comunicación
-Esta colaboración enmárcase na aposta da TIC polo comercio de proximidade e os autónomos da provincia e pola formación práctica dos alumnos e bolseiros da EIS en escenarios reais
- Os negocios participantes estarán abertos aos público de 16:00 a 24:00 horas e haberá 11 desfiles de moda con 30 modelos afeccionados de entre 40 e 3 anos

A Fundación TIC, entidade dependente da Deputación, colabora coa Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sarria- Centro Comercial Aberto (ACES-CCU) na Noite Aberta-Fashion Night que se celebra hoxe na vila sarriá. Os 17 establecementos do casco urbano que participan nesta iniciativa de apoio ao comercio de proximidade, estarán abertos ao público de 16:00 a 24:00 horas. Un equipo de profesionais e bolseiros da TIC gravarán as actividades organizadas en cada un dos locais para a elaboración dun DVD. Tamén realizarán reportaxes de vídeo e radio para difundir esta iniciativa a través das redes sociais e de medios de comunicación.

Sarria co comercio de proximidade
Dos 17 negocios participantes, catro son perruquerías, un de roupa de cama, un de decoración de interiores, catro de calzado, un de lencería, un de roupa infantil e cinco boutiques. As tendas de roupa e calzado amosarán as coleccións de primavera e verán 2015 en 11 desfiles de moda que se irán sucedendo en distintos establecementos desde as 18:00 ás 22:45 horas. Nos desfiles participarán un total de 30 modelos afeccionados, dos que 17 teñen entre 16 e 40 anos, e os outros 13, entre 3 e 11 anos. Ademais, as perruquerías encargaranse dos traballos de peiteado e maquillaxe dos modelos, apoiando así ao comercio da zona, e estarán abertos a todas as preguntas dos posibles clientes que se queiran achegar a ver as súas demostracións prácticas, especialmente aos que queiran cambiar de look.

Os establecementos que exhibirán as súas propostas nos desfiles son: Aluma Peluqueros, Calzados Gayoso, Chabel Zapatos, Colorín Colorado, Cris Abad, Duet Moda, Enredos Peluquería, Estilo Peluquería, Lar de Menchu, Manuel Estilistas, Mercería Sarillo, Moncho Moda, Óptica Malecón, Oliver´s, Santamarte, Senayo e Veiga Calzados.

O impulso da TIC aos autónomos
A colaboración coa asociación organizadora da Noite Aberta de Sarria enmárcase na aposta da Fundación TIC a prol da actividade comercial e dos autónomos da provincia. Neste caso, o apoio da Fundación súmase ao doutras iniciativas como a Noite Aberta de Lugo, a Feira Outlet ou o Street Market dentro do convenio asinado coa Asociación de Autónomas, Empresarias e Profesionais de Lugo. A TIC tamén leva apoiado ao sector nas seis Galas Lucvus Moda de Lugo ou a través de diversas iniciativas de promoción das actividades organizada pola Asociación de Empresarias da Provincia de Lugo.

Por outra banda, a iniciativa permite aos estudantes el bolseiros da Escola de Imaxe e Son realizar unha vez máis prácticas profesionais en escenarios reais, un dos piares básicos da formación de calidade que imparte o centro de referencia en Galicia da Formación Profesional no eido audiovisual.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet