Produtora » Novas da Fundación TIC

20/04/2015

Alumnos da cidade alemá de Leipzig participan nas visitas didácticas da Fundación TIC

- Os estudantes xermanos coñeceron as funcións dos diversos departamentos dun medio audiovisual e fixeron unha práctica coTicodiario
- O grupo está en Lugo con motivo dun intercambio cos IES Virxe dos Ollos Grandes e Lucus Augusti

Un grupo de 17 alumnos do centro de secundaria alemán Evengelische Schulzentrum de Leipzig, acompañados por 8 estudantes do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, participaron este luns nas visitas didácticas ás instalacións da Fundación TIC. Durante o percorrido, coñeceron as funcións de cada un dos departamentos dun medio audiovisual: arquivo, redacción, edición de vídeo, iluminación ou produción, entre outros. Ademais recibiron unha explicación práctica sobre as mesas de realización e de son, ou sobre as cámaras de plató e as que se empregan para a elaboración de reportaxes.

Durante a actividade didáctica, tamén participaron na presentación dun Ticodiario, un informativo con noticias reais e enquisas realizadas polos propios alumnos. Ao final da visita, cada un deles levou unha copia do programa. Ademais, recibiron información sobre os ciclos de Realización e Produción que imparte a Escola e Imaxe e Son (EIS), o único centro da provincia con ensinanzas superiores da rama audiovisual.

Este grupo de alemáns está en Lugo con motivo dun intercambio que fan conxuntamente, e por quinto ano, os IES Lucus Augusti e Nosa Señora dos Ollos Grandes. No que levamos de curso a TIC tamén recibiu a visita doutro grupo do estranxeiro, neste caso da cidade francesa de Toulouse.

Centros educativos de toda a provincia
O programa de visitas didácticas á TIC ten teñen por obxectivo abrir as súas portas á sociedade e achegar o uso das novas tecnoloxías ós máis novos dun xeito lúdico. Os destinatarios son nenos e mozos que, deste xeito, poden coñecer o traballo que desenvolve a TIC así como os ciclos que imparte a EIS


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet