Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas da Fundación TIC

13/04/2015

A Fundación TIC realiza un sketch para proxectar no I Festival de Literatura e Arte con Retranca

  • archivos/fotos/grandes/2377_20150406_173231.jpg

  • archivos/fotos/grandes/2377_20150406_175614.jpg

  • archivos/fotos/grandes/2377_20150406_175621.jpg







- Bolseiros e técnicos da TIC gravaron unha secuencia humorística duns dous minutos e medio de duración, baseada no guión do lucense Lois Pérez
- A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez asistiu á presentación que tivo lugar este domingo, ás 18.15 horas, no MIHL, onde se está a celebrar a semana retranqueira

A Fundación TIC pon a súa pinga de humor no Festival Internacional de Literatura e Arte con Retranca, que se está a celebrar en Lugo, coa gravación dunha secuencia cómica duns dous minutos e medio de duración. A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez asistiu á presentación do sketch que un equipo de bolseiros e técnicos da TIC filmou e editou. A proxección tivo lugar este domingo, día 12, ás 18,15 horas, na Caixa Negra do Museo Interactivo da Historia de Lugo, MIHL.

A historia baseada nunha idea orixinal do lucense Lois Pérez, autor do guión, rodouse o luns desta semana, no barrio de San Fiz. A trama centrase no diálogo que manteñen con moito humor retranqueiro un mozo e un ancián galegos cunha parella de turistas madrileños.

A TIC coa creatividade
A achega de TIC é froito do compromiso que mantén coas entidades e autores de proxectos creativos que potencian o desenvolvemento sociocultural da provincia. Na actualidade son máis de 130 as organizacións que manteñen acordos de colaboración coa Fundación TIC, que facilitan aos alumnos e bolseiros da Escola de Imaxe e Son prácticas profesionais en escenarios reais, a prol da súa inserción no mercado laboral.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet