Produtora » Novas da Fundación TIC

09/04/2015

A Fundación TIC colabora coa XXXI edición da Mostra Exposición de Muimenta, MOEXMU

-Un equipo da TIC cubrirá o evento para a súa difusión a través das redes sociais e medios de comunicación
-Con esta colaboración, a Fundación súmase ao apoio da Deputación provincial á gandería, sector estratéxico para a economía da provincia

A Fundación TIC colaborará coa XXXI Mostra Exposición de Muimenta (MOEXMU) que se celebrará os días 10, 11 e 12 de abril no recinto Feiral Manuel Vila López. Un equipo de profesionais cubrirá diferentes actividades para elaborar posteriormente material audiovisual co que se difundirá o evento a través das redes sociais e medios de comunicación.

A MOEXMU reúne cada ano a máis de 12.000 persoas que se achegan ata Muimenta, no Concello de Cospeito, para gozar das actividades incluídas no programa. Este ano celebrarase a 29ª edición do Concurso de Gando Frisón, único da provincia, e a 18ª Poxa de Gando Selecto. A cita complétase con 20.000 m2 de expositores de venta de artesanía, maquinaria, alimentación e todo tipo de produtos relacionados co sector agro gandeiro.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet