Produtora » Novas da Fundación TIC

25/02/2015

Éxito de público na primeira xornada do Abertic Maiores, que continúa mañá na sede da Fundación TIC

- Máis de cen maiores de toda a provincia están a participar nas actividades do InLugo, entre as que se inclúen almorzos e merendas saudables gratuítos
- Ás 17:00 horas inaugúranse en Ribeira de Piquín, Burela, Monforte e Guitiriz as exposicións das fotografías realizadas polos participantes do Engurras TIC, que tamén se poden ven no Abertic e na web www.fundaciontic.org
- Gómez Besteiro participará este xoves na última xornada e entregará os premios aos finalistas e gañador do concurso de fotografía

Máis de cen maiores de toda a provincia están a participar hoxe na primeira da xornada de portas abertas Abertic Maiores, que se desenvolve de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas, e que continuará mañá co mesmo horario. Esta actividade da Fundación TIC, dependente da Deputación, ten por obxectivo difundir o traballo que desenvolve o Centro de Innovación Social, InLugo, na promoción do uso das novas tecnoloxías entre as persoas de máis de 55 anos con programas como Nutretic, Engurras TIC, Memoria Dixital Tic Tac, Sempre en Activo e Camiña coas TIC.

O Presidente da Fundación TIC e da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, participará este xoves na última xornada do Abertic Maiores e entregará ás 18:00 horas os premios do concurso de fotografía Engurras TIC: catro smartphones para os finalistas e unha tablet de última xeración para o gañador.

As actividades están distribuídas en tres espazos: un dedicado a Nutretic, que inclúe almorzos e merendas saudables gratuítos; outro aos programas Memoria Dixital Tic Tac, Taboleiro Abertic (pinterest) e Engurras Tic; e o terceiro está centrado en Sempre en Activo e Camiña coas Tic. Neste último hai un Rincón X-Box, Wii, PlayStatión etc., no que os maiores realizan actividade física con diversas consolas e demostracións de xogos.
Inauguración das exposicións Engurras TIC
Hoxe, ás 17:00 horas, os Deputados provinciais Álvaro Santos Ramos; Alfredo Llano, Migual Ángel Sotuela e Regina Polín inaugurarán simultaneamente en Ribeira de Piquín, Burela, Monforte de Lemos e Guitiriz, respectivamente, as exposicións das fotografías realizadas en cada un dos obradoiros do Engurras TIC. As mostras poderán visitarse ata o sábado 28 de febreiro nos mesmos locais onde se desenvolveu a actividade, ademais do taller de fotografía que tivo lugar na propia sede do InLugo.

En cada un dos cinco obradoiros celebrados foi seleccionado un finalista, mediante votación do propio grupo. Un destes finalistas será escollido como vencedor do concurso por un xurado de expertos. As fotografías dos cinco obradoiros tamén estarán expostas durante os dous días do Abertic Maiores. En total, 50 imaxes das que 5 xa son finalistas. Todas as fotografías están colgadas na web www.fundaciontic.org.

A Fundación TIC cos maiores da provincia
Abertic Maiores está incluído na actuación “Promoción da autonomía persoal dos maiores da provincia”, que xestiona a Fundación TIC a través do Centro de Innovación Social InLugo no marco Innova-TE2, financiado nun 80% con fondos europeos.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet