Produtora » Novas da Fundación TIC

21/12/2014

Alumnos da TIC reciben os primeiros premios Tico en recoñecemento ós mellores traballos do pasado curso

  • archivos/fotos/grandes/2202_D77K6010.JPG

    b

    b
  • archivos/fotos/grandes/2202_D77K6053.JPG

    c

    c
  • archivos/fotos/grandes/2202_D77K6074.JPG

    d

    d
  • archivos/fotos/grandes/2202_image.jpg

    1

    1
  • archivos/fotos/grandes/2202_D77K6038.JPG

    e

    e
  • archivos/fotos/grandes/2202_D77K6066.JPG

    f

    f
  • archivos/fotos/grandes/2202_D77K6091.JPG

    g

    g







- A entrega dunha decena de galardóns tivo lugar durante unha gala organizada polos estudantes da EIS nas instalacións da Fundación TIC O acto incluíu a estrea da webserie Haters, que alumnos e titulados da Escola presentan ós Mestre Mateo, e dun lipdub de felicitación do Nadal

Alumnos de 2º curso dos ciclos de Realización e Produción da Escola de Imaxe e Son (EIS) recibiron os primeiros premios Tico, en recoñecemento ós mellores traballos realizados ó longo do pasado curso. A entrega tivo lugar no transcurso dunha gala de Nadal celebrada nas instalacións da Fundación TIC, na que participaron de todos os estudantes e profesores da Escola.

O equipo docente decidiu os nomeados ás nove categorías que estableceron os alumnos do último curso de Produción. Os votos dos estudantes que se incorporaron este ano á EIS decidiron os premiados.

A gran gañadora desta primeira edición foi El club de los poetas muertos, que acadou catro galardóns: mellor secuencia, mellor director, mellor director de fotografía e mellor vestiario; o premio á mellor reportaxe foi para Casa Cuna; e á mellor curtametraxe para Toff Svenska, Toff Curling

A gala serviu de estrea oficial da webserie “Haters”, que concorre á vindeira edición dos premios Mestre Mateo. Trátase dunha comedia producida e realizada por un equipo de alumnos e titulados da EIS, encabezado por Tania Penoucos, Miguel Barros e Luis Miguel Fernández. Rodouse o pasado mes de xullo en Lugo e contou coa colaboración da Fundación TIC. Consta de tres capítulos, de 20 minutos de duración, nos que se narran as peripecias de dous mozos inconformistas que tentan sobrevivir á sociedade actual, xunto a un grupo de amigos. Durante a gala proxectouse un destes capítulos.
Durante a entrega de premios tamén se proxectou un lipdub de Nadal coa canción de María Carey Santa Claus is coming to town, no que participaron o alumnado, profesorado e persoal da Escola de Imaxe e Son. Estudantes de 2º curso ocupáronse da produción e realización do vídeo musical que se gravou hai un mes nas aulas e no resto de instalacións da EIS.

A celebración da gala de Nadal súmase ás actividades dirixidas a complementar a formación do alumnado da EIS, o único centro de ensino audiovisual da provincia.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet