Produtora » Novas da Fundación TIC

20/12/2014

A Fundación TIC grava o concerto solidario de Noemí Mazoy en favor do Banco de Alimentos de Lugo

NoemiNoemi

- Bolseiros e persoal técnico da TIC recollerán nun DVD a gala benéfica que o Banco de Alimentos de Lugo celebrará no Círculo das Artes o domingo, ás 19:30 horas
-Na actualidade, a TIC difunde o labor de máis de 130 entidades da provincia coas que mantén convenios de colaboración ó tempo que favorece a inserción dos alumnos titulados na EIS

Bolseiros e persoal técnico da Fundación TIC gravarán o concerto solidario que o Banco de Alimentos de Lugo celebrará no Círculo das Artes o domingo, 21 de decembro, a partires das 19:00 horas, e co que se recadarán fondos e comida para a ONG.

A entrada ó evento é libre e gratuíta. Nas instalacións do Círculo instalaranse colectores onde os asistentes poderán doar alimentos non perecedoiros para axudar ó Banco de Alimentos. Tamén se poderán realizar achegas económicas.

A soprano e actriz lucense, Noemí Mazoy interpretará temas de Nadal e tamén brindará unha homenaxe á súa nai. A artista ten realizado máis de dez obras musicais, entre elas Jackyll hyde, con Raphael; Annie, El fantasma de la ópera, Víctor, victoria, con Paloma San Basilio, Peter Pan, Diario de Ana Frank ou Sonrisas y lágrimas, co que acaba de rematar periplo tras tres años
O Banco de Alimentos de Lugo nace en 1996. Ten como obxectivo primordial o de obter de empresas e particulares doazóns, excedentes, e produtos non comerciables, que sexan aptos para o consumo humano, e entregalos ás asociacións asistenciais de carácter social, realizando todo o proceso de xeito voluntario e de balde.

​​​​O apoio social da TIC
A Fundación TIC ten asinados máis de 130 convenios de colaboración con ONGs, asociacións culturais, agrupacións veciñais, e entidades deportivas para difundir as súas actividades mediante a realización de proxectos audiovisuais, na procura de complementar os coñecementos teóricos dos seus alumnos con numerosas prácticas profesionais, dirixidas a favorecer a súa integración no mundo laboral.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet