Produtora » Novas da Fundación TIC

12/12/2014

A TIC impulsa a labor da Fundación Secretariado Gitano cun DVD sobre o programa Aprender Traballando

-O traballo audiovisual, que se presenta o 19 de decembro na sede da FSG, recolle as experiencias dos participantes e orientadores deste programa de formación e emprego
-Un equipo de profesionais e bolseiros da TIC realizou o DVD, que se inclúe dentro da colaboración que a entidade mantén con diferentes asociacións da provincia.

Bolseiros e técnicos da Fundación TIC realizaron un vídeo que recolle as principais actividades dos oito participantes no programa de inserción laboral Aprender Traballando, que leva a cabo a Fundación Secretariado Gitano. O DVD presentarase o vindeiro 19 de decembro, ás 10:00 horas, no local da FSG en Lugo.

A iniciativa enmárcase dentro do convenio de colaboración da TIC con esta ONG para apoiar e difundir as súas iniciativas. O audiovisual proxectarase no acto de clausura do curso e amosarase a todas aquelas empresas susceptibles de participar no programa en vindeiras edicións.

Aprender Traballando
Aprender Traballando é un proxecto de formación e emprego que ten por obxectivo a inclusión no mercado laboral de rapaces, de entre 18 e 30 anos, en risco de exclusión social. As claves desta iniciativa son dúas: a combinación de formación teórica con prácticas nun entorno laboral real, e un itinerario formativo que permite que os participantes pasen por distintos postos e quendas de traballo dentro dun mesmo sector.

Promoción integral da comunidade xitana
A misión da Fundación Secretariado Gitano é a promoción integral da comunidade xitana desde o respecto e apoio a súa identidade cultural. Para isto, a FSG desenvolve diversas accións coa finalidade de que contribúan a mellorar as súas condicións de vida, a promover a igualdade de trato e evitar toda forma de discriminación.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet