Produtora » Novas da Fundación TIC

02/09/2014

A TIC contribúe á promoción do comercio lucense coa gravación do V Street Market este venres en Lugo

  • archivos/fotos/grandes/2031_IMG-20140902-WA0004.jpg

  • archivos/fotos/grandes/2031_IMG-20140902-WA0003.jpg

  • archivos/fotos/grandes/2031_IMG-20140902-WA0005.jpg

  • archivos/fotos/grandes/2031_IMG-20140902-WA0006.jpg







-Bolseiros e técnicos da TIC realizarán reportaxes e un amplo DVD para difundir a iniciativa coa que Autónomas, Deputación e Concello impulsan a vida comercial no centro da cidade
- Establecementos de todas sa rúas do centro participarán neste mercado con descontos do 50% a máis do 80% nun amplo catálogo de produtos

A Fundación TIC colabora un ano máis co Street Market que este venres 5 de setembro celebra a súa quinta edición organizada pola Asociación de Autónomas de Lugo co apoio do Concello, a Deputación e a Federación de Comercio. Bolseiros e técnicos da TIC realizarán reportaxes e recollerán nun amplo DVD o ambiente nas rúas e en todos os negocios participantes para difundir esta iniciativa A Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto, sinalou que “coa colaboración da institución provincial e da TIC queremos contribuír a impulsar a vida comercial no centro da cidade”.
García Porto participou na presentación desta nova edición do Street Market no Concello de Lugo, na que tamén estiveron presentes a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, a voceira da Asociación de Autónomas de Lugo, Marta López e o presidente da Federación de Comercio, José María Seijas.
Intensa colaboración coas Autónomas
A TIC mantén unha intensa colaboración coas Autónomas de Lugo, coas que ten asinado convenio de colaboración. Ademais do Street Market, a Fundación tamén contribúe á difusión doutras iniciativas emprendidas pola asociación ó longo do ano, como a Noite Aberta ou a Feira Oulet. Grazas a esta colaboración, ademais de promover ó comercio da cidade, proporciónase prácticas en escenarios reais ós alumnos e bolseiros da Escola de Imaxe e Son (EIS), o único centro da provincia que imparte ensinanza superior da rama audiovisual.

Produtos do 50% a maís do 90%
O Street Market ou mercado na rúa ofrecerá descontos do 50% a preto do 90% nun amplo catálogo de produtos desde téxtil, complementos, calzado ata lencería, xoias ou lentes en ópticas. A cita terá lugar ó longo do día no casco antigo establecementos comerciais de Lugo de todas as rúas do centro.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet