Produtora » Novas da Fundación TIC

18/06/2014

A Fundación TIC colabora co III Noise off live Festival 2014 para conmemorar o Día Europeo da Música o 21 de xuño

  • archivos/fotos/grandes/1935_F - Disco Las Palmeras-lpr.jpg

  • archivos/fotos/grandes/1935_F - Disco Las Palmeras-lpr(2).jpg

  • archivos/fotos/grandes/1935_F - Disco Las Palmeras-lpr(1).jpg







-A TIC emitiu este martes porstreaming a actuación do grupo lucense “Disco Las Palmeras”
-O Noise off live Festival é un macro concerto a través de Internet no que actúan grupos de todas as provincias españolas

Alumnos e persoal técnico da Fundación TIC colaboraron este martes co Noise off live Festival 2014na emisión por streaming da actuación do grupo lucense“Disco Las Palmeras”. Esta actividade forma parte do programa de formación da Escola de Imaxe e Son, o único centro que imparte ensinanza da rama audiovisual na nosa provincia, a través de prácticas en escenarios reais.

O Noise off Festival é un macro concerto a través de Internet que ten como obxectivo xuntar unha representación de cada provincia española para crear un festival de música de distintos xéneros que está “no aire” ininterrompidamente desde as 10:00 ata as 23:00 horas.

Os lucenses, que actuaron ás 19:00 horas desde o plató da TIC, compartiron cartel con outros artistas da talla de Rozalén (Albacete), The RightOns (A Coruña) ou Miguel Costas (Pontevedra). “Disco las Palmeras” actuaron por espazo de, aproximadamente, corenta minutos.

Desde a primeira edición, o festival logrou unha audiencia de máis de 135.000 visitas no portal do Día de la Música Online, baixo a premisa de globalizar e democratizar a música en vivo. En total, máis de 200 persoas están implicadas neste evento entre escolas, produtoras, artistas, salas e conservatorios para acadar unha emisión óptima dos concertos.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet