Produtora » Novas da Fundación TIC

13/06/2014

Alumnos e bolseiros da TIC súmanse o espírito do Arde Lucus coa realización de fotografías ós visitantes

  • archivos/fotos/grandes/1930_20140614_122333.jpg

  • archivos/fotos/grandes/1930_20140614_121914.jpg

  • archivos/fotos/grandes/1930_20140614_124719.jpg

  • archivos/fotos/grandes/1930_20140614_124524.jpg

  • archivos/fotos/grandes/1930_20140614_124357.jpg

  • archivos/fotos/grandes/1930_20140614_124341.jpg

  • archivos/fotos/grandes/1930_la foto 1.JPG

  • archivos/fotos/grandes/1930_la foto 2.JPG

  • archivos/fotos/grandes/1930_la foto 3.JPG

  • archivos/fotos/grandes/1930_la foto 4.JPG

  • archivos/fotos/grandes/1930_la foto 5.JPG







- Os alumnos da Escola de Imaxe e Son colaboran na campaña do Arde Lucus nunha das prácticas complementarias á súa formación
- Os traballos consisten na realización de fotografías a todos os lucenses e visitantes que se acerquen pola carpa sita na rúa da Raíña que ilustrará unha portada personalizada do xornal El Progreso

Un equipo formado por bolseiros e estudantes da Escola de Imaxe e Son (EIS) coa supervisión de técnicos da Fundación TIC, están a realizar prácticas en escenarios reais durante a celebración do Arde Lucus. Estudantes dos ciclos de Realización e Produción da EIS fotografan, dende o venres ó domingo en horario de 12:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 19:00 horas, ós lucenses e visitantes que se acheguen á carpa situada rúa da Raíña.

A Fundación TIC, a través do convenio que mantén co grupo El Progreso, apoia así esta nova campaña que ten por obxectivo a promoción da provincia de Lugo e, neste caso, unha das festas máis importantes do calendario galego.

As fotografías serán unha composición das súas caras co corpo dos personaxes lucenses máis famosos, Os Pelúdez. Cada unha das instantáneas realizadas ilustra unha portada personalizada do xornal que aparece publicada o mesmo día na súa edición dixital acompañada dun breve texto. Ademais, os participantes desta iniciativa recibirán unha copia impresa de todo o material fotográfico. Así mesmo a TIC ven de elaborar un microvídeo promocional da actividade para a súa emisión en Telelugo.


A TIC coas festas lucenses
A Fundación TIC colabora de forma continuada nos numerosos eventos e festas que se celebran na provincia de Lugo co obxectivo proporcionando así prácticas en escenarios reais ós alumnos e bolseiros así coma o uso da tecnoloxía entre tódolos cidadáns.

Estudantes da EIS, único centro de ensino audiovisual na provincia, apoiaron perante as festas de San Froilán a campaña I´m From Lugo 2013, unha iniciativa similar á organizada nesta decimo cuarta edición do Arde Lucus.
A actividade do alumnado complementouse coa gravación dos actos incluídos no programa das festas patronais e con clases prácticas complementarias durante as tardes na carpa situada nas inmediacións do edificio do Concello.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet