Produtora » Novas da Fundación TIC

03/06/2014

A Fundación TIC colabora co CPI de Navia de Suarna na realización dunha curtametraxe

  • archivos/fotos/grandes/1885_20140602_112317.jpg

  • archivos/fotos/grandes/1885_20140602_112340.jpg

  • archivos/fotos/grandes/1885_20140602_112350.jpg

  • archivos/fotos/grandes/1885_20140602_112408.jpg

  • archivos/fotos/grandes/1885_20140602_112635.jpg







-A TIC titoriza o proceso de elaboración do proxecto dentro do seu obxectivo de achegar a cultura audiovisual a todos os centros da provincia.
-A rodaxe desenvólvese entre o 2 e o 3 de xuño nas instalación do CPI Doctor Daniel Monjede Navia de Suarna
-A curta é una recreación da obra de Agatha Christie“Asasinato no Orient Express”, elaborada polos alumnos de 3º e 4º da ESO

Alumnos e técnicos da Escola de Imaxe e Son(EIS), o único centro educativo da provincia que imparte ensinanzas de formación profesional da familia audiovisual, colaboran este luns e martes, 2 e 3 de xuño, co CPI Doctor Daniel Monje de Navia de Suarna na realización dunha curtametraxe. Esta iniciativa forma parte do obxectivo da Fundación TIC de achegar a cultura audiovisual a todos os centros de primaria e secundaria da provincia.

A colaboración céntrase no apoio con material técnico de iluminación e son, así coma na orientación técnica profesional nas necesidades que xurdan da execución do traballo. A rodaxe transcorre nas instalacións do centro ancarés e comeza ás 11:00 horas e esténdese durante toda a xornada.
“Asasinato en Navia”
A curta é unha recreación da obra de Agatha Christie“Asasinato no Orient Express”,adaptada ó contexto de Navia. O proxecto naceu como unha actividade de mellora de comprensión lectora das materias de linguas ampliada logo de participar nun curso de audiovisuais.

20 estudantes de 3º e 4º da ESO do CPI de Navia, de idades comprendidas entre os 15 e 18 anos, realizaron o guión, storyboard e preprodución da curtametraxe e tamén realizan as labores de gravación e montaxe da obra co asesoramento da TIC.

A historia comeza nun colexio que, logo de quedar illado pola neve, é visitado por un político que chega co obxectivo de inaugurar unhas pantallas dixitais. Un asasinato e a presenza da Garda Civil conforman a trama de “Asasinato en Navia”.

Prácticas en escenarios reais
O principal obxectivo da Fundación TIC é a inserción laboral dos seus alumnos. Para acadar este fin, aposta por un ensino de calidade baseado nas prácticas en escenarios reais.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet