Produtora » Novas da Fundación TIC

30/05/2014

Un módulo sobre Scrum pon o peche ó 1º curso de deseño de videoxogos organizado pola TIC

-22 persoas, a metade alumnos e titulados da EIS, participaron nesta actividade que ten por obxectivo formar nun sector recoñecido como motor económico dentro da industria do entretemento.
-A última actividade do curso foi a realización do exame de certificado para obter a acreditación profesional ScrumManager, sen ningún custe adicional para os alumnos

A Fundación TIC finalizou esta semana o primeiro curso de Iniciación ó Deseño e Desenvolvemento de Videoxogos co módulo Metodoloxías áxiles de desenvolvemento: scrum , impartido polo catalán Manuel Martínez, consultor experto en TIC e formador en Mircrosoft. Os participantes tamén tiveron a oportunidade de realizar o exame de certificado para obter a acreditación profesional ScrumManager, sen ningún custe adicional . Esta foi a última actividade do curso, organizado pola TIC coa colaboración da empresa de gaming lucense Inteligencia Visual. Dividiuse en cinco módulos que cubriron os aspectos máis relevantes do deseño e desenvolvemento de videoxogos.

22 persoas, das que a metade foron alumnos e titulados na EIS, participaron neste programa financiado nun 80% pola Fundación TIC, aboando tan só 100 euros por esta formación cuxo prezo de mercado ascende ós 600 euros. Durante o curso cada alumno creou o seu propio videoxogo e proximamente darase a coñecer o nome do asistente elixido para realizar prácticas durante tres meses en Inteligencia Visual e poder participar no desenvolvemento de proxectos de gaming da compañía.

Scrum: traballo en equipo
O scrum é un proceso no que se aplican de maneira regular un conxunto de boas prácticas para traballar en equipo e obter ó mellor resultado posible, unha das partes máis complicadas dunha empresa. Está especialmente indicado para proxectos en contornas complexas, onde se necesita ter un resultado rápido, os requisitos son cambiantes ou pouco definidos, e a innovación, competitividade, e flexibilidade son fundamentais.

Formación complementaria
Esta actividade está incluída no programa de formación complementaria destinada a alumnos e exalumnos da EIS. O curso de deseño de videoxogos é unha das novidades deste programa que o ano que vén ampliará a súa oferta para que estea en sintonía cun sector audiovisual e multimedia en continuo cambio.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet