Produtora » Novas da Fundación TIC

25/04/2014

A TIC emitirá en directo por internet o campionato Galego de Atletismo para clubes que se celebra este sábado en Lugo

- Un equipo formado por alumnos, bolseiros e profesionais serán os encargados da emisión das probas que se desenvolverán no Estadio Gregorio Pérez Rivera todo o día
- A Fundación tamén transmitirá por streaming a conferencia da periodista e escritora Cristina Martín Jiménez mañá ás 20:00 horas no salón de actos da Deputación

A Fundación TIC emitirá en directo por internet o Campionato Galego de Atletismo para clubes que se desenvolverá este sábado 26 de abril nas pistas do Estadio Gregorio Pérez Rivera do Concello de Lugo. Todos os interesados en seguir desde a súas casas ou nos seus dispositivos móbiles as diferentes probas, que comezarán ás 11:00 horas e se desenvolverán ó longo de todo o día, poderán facelo a través da web da federación (www.atletismogalego.com).

Un equipo formado por alumnos, bolseiros e profesionais da TIC será o encargado da realización e transmisión das distintas probas, nas que participarán oito clubes masculinos e feminino. Ó encontro están convidados os catro primeiros clasificados do campionato celebrado a pasada tempada. O patrón da Fundación TIC e Deputado de Cooperación cos Concellos, Álvaro Santos, será o encargado de entregar o premio honorífico ó mellor equipo.

Tamén a conferencia de Cristina Martín
A TIC tamén emitirá en directo por internet, neste caso a través da web da Deputación (www.deputacionlugo.org), a conferencia “A democracia contra o poder” que ofrecerá mañá venres a a escritora Cristina Martín Jiménez. A charla da autora de “Perdidos e de “El club Bliderberg. Los amos del mundo” será ás 20:00 horas no Salón de Actos do Pazo de San Marcos.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet