Produtora » Novas da Fundación TIC

16/04/2014

A Fundación TIC apoia as Semanas Santas de Lugo e Viveiro coa difusión dos seus actos centrais

ssss

Alumnos, bolseiros e profesionais da TIC distribuídos en varios equipos elaboran diversos produtos audiovisuais para promocionar as Semanas Santas máis destacadas da provincia
As procesións de Ramos e da Virgen de la Esperanza en Lugo ou tradicional tamborrada de Viveiro, xunto á Última Cena e El Prendimiento de Viviero, son Semanas Santas máis destacadas da provincia

Alumnos, bolseiros e profesionais da Fundación TIC están a elaborar diversos produtos audiovisuais os actos centrais das Semanas Santas de Lugo e Viveiro co fin de darlle a máxima difusión nos medios de comunicación. O material audiovisual envíase a axencias de noticias e redes sociais para colaborar na promoción turística da provincia. As gravacións fanse coa utilización de varios equipos simultáneos para captar todos os detalles dos actos procesionais.

Do Vía Crucis ó Domingo de Resurrección
O traballo deu comezo coa gravación do Domingo de Ramos lucense e a procesión da Virxe da Esperanza, que inclúe a tradicional Salve Mariñeira do Luns Santo onde uns 130 representantes da Armada, irmán maior honorario da confraría, acompañan á Virxe desde o ano 1954.
En Viveiro, as cámaras da TIC captaron a tradicional tamborrada polas rúas mariñás do Luns Santo e continuarán o traballo o Xoves Santo co rexistro de La Última Cena, acompañada polos pasos de La Cena, La Oración del Huerto, La Flagelación, Ecce-Homo e Virgen de los Dolores. O desfile procesional de El Prendimiento tamén será rexistrado.

A Semana Santa de Viveiro, que este ano estrea a súa declaración como Festa de Interese Turístico Internacional, é unha das mais antigas da comunidade, xa que se realiza de xeito ininterrompido desde o século XIII. Durante os días de celebración, a localidade costeira triplica a súa poboación.

Pola súa banda, a de Lugo está en trámites para que sexa declarada de Interese Turístico Nacional e conta coa singularidade de poder trasladar procesionalmente a Sagrada Forma polas rúas da cidade o día de Xoves Santo.

O labor sociocultural da TIC
Na actualidade, a Fundación TIC ten asinados máis de 100 convenios de colaboración con ONGs, asociacións culturais e entidades deportivas para difundir o seu labor mediante a realización de proxectos audiovisuais. Esta liña de colaboración permite que os alumnos e titulados da Escola de Imaxe e Son leven a cabo traballos profesionais, a través dun programa de bolsas, que lles facilitan a súa posterior incorporación ó mercado laboral para o que tamén mantén contacto con máis de 70 empresas nacionais do sector multimedia.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet