Produtora » Novas da Fundación TIC

09/04/2014

Alumnos da TIC gravan na Praza de Abastos o flasmob organizado polo Concello de Lugo para amenizar o día de mercado

  • archivos/fotos/grandes/1776_20140408_115000.jpg

  • archivos/fotos/grandes/1776_20140408_114706.jpg







-Máis de 20 escolares da Milagrosa e integrantes de Alume escenificaron a coreografía do tema “Qué rico o mambo”, interpretado pola Banda Municipal

Alumnos da Escola de Imaxe e Son da Fundación TIC gravan o flasmob que ofreceu este martes na Praza de Abastos de Lugoa Banda Municipal de Música coa participaciónde mais de 20 escolares do Colexio da Milagrosa e integrantes da Asociación lucense Alume. Estaparticipación inclúese na programación formativa da EIS, a única Escola da provincia que imparte ensinanzas no eido audiovisual, co obxectivo de facilitara futura inserción laboraló seu alumnado a través de prácticas coma esta en escenarios reais.

Co material recollido, os estudantes editarán un vídeo sobre a actividade de ocio creativo que organizaron a Concellería de Servizos Sociaise o centro Sociocultural Uxío Novoneyra, aproveitando a afluencia de xente en día de mercado para achegar á cidadanía oseu labor cultural e social.O audiovisual divulgarase na web do Concello e diversos medios.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet