Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Especiais

09/05/2014

A Fundación TIC contribúe o éxito da V Gala Lvcvs Moda coa súa difusión a través de diversos medios galegos e nacionais

- Alumnos, bolseiros e profesionais da TIC foron os encargados de realizar e gravar o evento, presentado pola actriz Isabel Blanco, que se emitirá íntegro en Telelugo
-As fotografías tomadas polos alumnos da EIS no photocall xa están dispoñibles na web www.fundaciontic.org
- Con este traballo, a TIC súmase ós apoios á candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade e promove o sector do deseño lucense

Un total de trinta alumnos, bolseiros e profesionais da Fundación TIC colaboraron na produción da Gala Lucus Moda 2014 e realizaron e gravaron a pasarela que, por quinto ano consecutivo, se converteu nun escaparate de excepción para o sector do deseño lucense.

Grazas ó intenso traballo realizado polo equipo da TIC, a Gala emitirase íntegra en Telelugo. Ademais, difundiuse a través de axencias de noticias nacionais, publicacións dixitais, canles de televisión e emisoras de radio. Tamén están dispoñibles na web da Fundación (www.fundaciontic.org) as imaxes tomadas polos alumnos da Escola de Imaxe e Son (EIS) no photocall instalado á entrada do recinto, no que puideron fotografarse ós máis de 400 espectadores que asistiron ó evento.

Para a difusión da Gala empregouse diverso material técnico, entre o que destacou o uso de varias cámaras de vídeo de alta definición, cámaras de fotografía DSLR así coma equipos de son e de realización de televisión. A actividade forma parte dos obxectivos da TIC entre os que destacan as prácticas en escenarios reais, aspecto indispensable na formación dos alumnos da EIS.

Apoio á candidatura da Ribeira Sacra
A quinta edición da Gala Lvcvs Moda 2014 apoiou a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade coa colaboración dos 7 deseñadores; 14 perruqueiros e 18 artesáns participantes. Os profesionais lucenses colaboraron coa iniciativa a través de diversas propostas entre as que destacaron os tocados en forma de botella, peiteados que recordaban enormes ácimos de uva e follas de vide que converteron á Ribeira Sacra no fío temático do exitoso evento.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet