Produtora » Ticodiario

18/11/2014

A Fundación TIC amplía a colexios de fóra da provincia o seu programa de TICodiarios para promover as novas tecnoloxías

-O IES Melide, de Melide, e o IES Ramón Menéndez Pidal, de A Coruña, visitaron este luns as instalacións da TIC
-Os estudantes realizaron un informativo con noticias reais e coñeceron de primeira man o ciclos de Realización e Produción que imparte a EIS
-Os centros interesados poderán participar na iniciativa contactando coa Fundación TIC no número de teléfono 982 206225

A Fundación TIC amplía o seu programa de visitas didácticas a colexios de fóra da provincia logo do éxito acadado a pasada tempada no que participaron máis de mil alumnos e preto de cen profesores de 35 centros de primaria e secundaria da provincia. O IES Melide, de Melide, e o IES Ramón Menéndez Pidal, da Coruña, son os dous primeiros centros de fóra de Lugo que visitaron a TIC.

Os TICodiarios forman parte do programa de visitas didácticas ás instalacións da Fundación que teñen por obxectivo abrir as súas portas á sociedade e achegar o uso das novas tecnoloxías. Neste caso, os destinatarios son rapaces e mozos que poderán coñecer o traballo que desenvolve a TIC así como os ciclos de Realización e Produción que imparte a Escola de Imaxe e Son (EIS), o único centro da provincia con ensinanzas superiores da rama audiovisual.

Mil alumnos de primaria e secundaria
Máis de mil alumnos e preto de cen profesores de 35 centros de primaria e secundaria da provincia participaron nas visitas didácticas ás instalacións da TIC durante o curso 2013-2014.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet