Produtora » Ticodiario

17/10/2014

A Fundación TIC arrancou este venres a terceira tempada de TICodiarios para achegar as novas tecnoloxías ós mozos lucenses

- O IES Basanta Silva de Vilalba foi o encargado de inaugurar a nova tempada de visitas didácticas, nas que presentan un informativo de televisión con noticias reais
-Máis de mil alumnos e preto de cen profesores de 35 centros de primaria e secundaria da provincia visitaron a TIC durante o curso 2013-2014.
-Os centros interesados poderán participar na iniciativa contactando coa Fundación a través do número de teléfono 982 206225

A Fundación TIC comezou este venres 17 de outubro a terceira tempada do seu programa de TICodiarios, unha iniciativa didáctica gratuíta que ten como obxectivo achegar as novas tecnoloxías a rapaces lucenses de primaria e secundaria. Os estudantes teñen a oportunidade de coñecer o funcionamento dos distintos departamentos dun medio audiovisual e participarán na redacción e presentación dun informativo de televisión con noticias reais.

Un grupo de alumnos de segundo curso de bacharelato do Instituto Basanta Silva de Vilalba, acompañados de dous profesores, foron os encargados de realizar o primeiro TICdiario da tempada. Durante a visita, os rapaces percorreron as instalacións, coñecerán de preto o traballo diario dun estudo de televisión –coma a produción, edición, realización e posprodución de audiovisuais-, e recibiron información sobre as especialidades que se imparten na Escola de Imaxe e Son (EIS), así como dos medios dos que dispón para a formación teórica e práctica do seu alumnado.

Mil alumnos de primaria e secundaria
Máis de mil alumnos e preto de cen profesores de 35 centros de primaria e secundaria da provincia participaron nas visitas didácticas ás instalacións da TIC durante o curso 2013-2014. Os centros interesados en participar na nova tempada, poden apuntarse chamando ó número de teléfono 982 206225.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet