Produtora » Ticodiario

29/05/2014

Máis de mil alumnos de primaria e secundaria da provincia participaron este curso nas visitas didácticas á Fundación TIC

- O IES Xoán Montes pechou este mércores a tempada de visitas escolares que inclúen a presentación dun Ticodiario e o percorrido polos distintos departamentos dun medio audiovisual
-Todos os centros interesados en participar o vindeiro curso poden apuntarse na sede da EIS ou chamando ó número de teléfono 982 284 667

Máis de mil alumnos e preto de cen profesores participaron nas visitas didácticas ás instalacións da Fundación TIC durante o curso 2013-2014 . En concreto, estudantes de 35 centros de primaria e secundaria de toda a provincia coñeceron o funcionamento dos distintos departamentos dun medio audiovisual e participaron na realización e presentación dos Ticodiarios.

Un grupo de 28 alumnos de 1º de ESO do IES Xoán Montes de Lugo, acompañados de dous profesores, foron os encargados de pechar esta tempada. Os estudantes, de 12 e 13 anos, coñeceron de primeira man todo o proceso para a realización dun programa de televisión e presentaron un Ticodiario, un informativo que inclúe noticias reais e unha enquisa realizada polos propios alumnos. Ó final da visita, cada un deles levou unha copia do programa.

Achegar o uso das novas teconoloxías
Os Ticodiarios forman parte do programa de visitas á Fundación que están a ser todo un éxito. Esta iniciativa ten por obxectivo abrir as portas da TIC á sociedade e achegar o uso das novas tecnoloxías ós máis novos dun xeito lúdico. Os destinatarios son nenos e mozos que, deste xeito, poden coñecer o traballo que desenvolve a TIC así como os ciclos de Realización e Produción que imparte a Escola de Imaxe e Son (EIS), o único centro da provincia con ensinanzas superiores da rama audiovisual. Todas as visitas están colgadas na web da Fundación TIC (www.fundaciontic.org)

Como se pode participar
Todos os centros de secundaria e primaria da provincia interesados en participar nesta iniciativa o curso que vén, poden apuntarse na sede da EIS, en Frei Plácido Rei Lemos s/n, ou chamando ó número de teléfono 982 284 667.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet