Produtora » Ticodiario

26/03/2014

O Centro público do Santo Anxo de Rábade nas visitas didácticas da Fundación TIC 26/03/2014

-Os estudantes coñeceron de preto como se realiza un programa de televisión e puideron poñerse por un día diante das cámaras para presentar un Ticodiario
- O obxectivo principal é comprobar “in situ” e de xeito real o traballo e organización necesarios para facer un programa de televisión

Alumnos do Centro Público Santo Anxo de Rábade con idades comprendidas entre os 14 e 17 anos participaron nas visitas didácticas que organiza a Fundación TIC para achegar as novas tecnoloxías a estudantes de primaria e secundaria de toda a provincia.
Os rapaces coñeceron de preto o traballo diario dun estudo de televisión –coma a produción, edición, realización e posprodución de audiovisuais-, o que lles permitiu coñecer as instalacións do Centro de Produción de Programas (CPP) da TIC. Ó final da xornada, cada un deles levou para casa unha copia do Ticodiario, un informativo con noticias reais, no que os mozos visitantes participaron activamente.
Centros educativos de toda a provincia
Os Ticodiarios forman parte do programa de visitas ás instalacións da Fundación que teñen por obxectivo abrir as súas portas á sociedade lucense e achegar o uso das novas tecnoloxías ós habitantes da provincia. Neste caso, os destinatarios son rapaces e mozos que poden coñecer o traballo que desenvolve a TIC así como os ciclos de Realización e Produción que imparte a Escola de Imaxe e Son (EIS), o único centro da provincia con ensinanzas superiores da rama audiovisual.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet