Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas de Lugo

03/04/2012

A Fundación TIC colabora coa Xunta de Confrarías e grava os actos de celebración da Semana Santa lucense

cartelcartel

Ó remate da Semana Santa, a Fundación TIC elaborará un DVD coas mellores imaxes.
A colaboración inclúe a participación de bolseiros da Escola de Imaxe e Son

Bolseiros da Escola de Imaxe e Son e persoal técnico da Fundación TIC están a gravar todos os actos de celebración da Semana Santa lucense dentro dun convenio de colaboración coa Xunta de Confrarías da cidade de Lugo. Con este material a TIC editará un DVD promocional deste evento relixioso.
O Presidente da Fundación e da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro destacou a importancia desta iniciativa “xa que sumamos nun mesmo produto a promoción da provincia e cumprimos co principal obxectivo da TIC que é procurar a mellor formación ós nosos alumnos”.
A Xunta de Confrarías utilizará o vídeo como agasallo institucional e para facer as súas presentacións anuais.
As gravacións faranse coa utilización de varios equipos simultáneos para captar todos os detalles dos Actos.
Do Vía Crucis ó Domingo de Resurrección
O traballo deu comezo coa gravación do Vía Crucis e o Domingo de Ramos. Ó longo destes días continuará coa captación da procesión da Virxe da Esperanza e a Salve Mariñeira do luns, a procesión do Bó Xesús o Martes Santo e o Vía Crucis pola rúa da Raíña o Mércores Santo.
O Xoves Santo as cámaras captarán a colocación da Custodia na carroza, no momento de saír a procesión, e o venres, o Acto do Desencravo na igraxa dos Pais Franciscanos e a procesión do Santo Enterro, uns pasos que portearán cuarenta mulleres e cuarenta homes, respectivamente.
O venres pola noite, gravarase a procesión das Caladiñas e a Salve popular coa que finaliza na Praza da Soidade.O Domingo de Resurrección será o último día de gravación co Santo Encuentro e a Procesión do Noso Cristo Resucitado.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet